O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Anuncio aprobación inicial da modificación do regulamento das escolas infantís municipais

O BOP número 69 do xoves 15 de abril publica o anuncio de aprobación inicial da modificación do Regulamento de organización e funcionamento das escolas infantís municipais do Concello de Teo. 

O Pleno da Corporación, na sesión do 31 de marzo de 2021, acordou aprobar inicialmente a modificación do Regulamento de organización e funcionamento das escolas infantís municipais do Concello de Teo. Para dar cumprimento ao disposto no artigo 49.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, procédese á súa exposición pública no taboleiro de edictos da Corporación durante trinta días, a contar dende a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que as persoas interesadas poidan examinar o expediente e formular as reclamacións que estimen oportunas. De non formularse reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.

Consulta aquí o documento 

Publicado en teo.gal o 15 de abril de 2021. 

Arquivos
Adjunto Tamaño
MODIF. REGLAMENTO EIMS.pdf 637.44 KB