O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Escola ecoloxista "Ruta cavernícola"

Mocidade programa unha nova xornada da Escola ecoloxista este sábado 24, desta volta para facer unha "Ruta cavernícola". Trátase dunha andaina na que se utilizará a arte rupestre de Teo, concretamente na zona de Loureiro, como excusa para repensar a nosa forma de vida. Esta actividade está dirixida a nenos/as de 12 a 18 anos e para participar só hai que enviar un correo-e a mocidade@teo.gal. A hora prevista para a saída dende o lavadoiro de Loureiro son as 17:30 horas e ten unha duración prevista dun par de horas. Se precisas transporte para achegarte ao punto de saída podes especificalo no correo.

escola ecoloxista
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento