O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A partir de hoxe, 1 de setembro, e ata o venres 11, as persoas maiores de 60 anos e empadroadas no concello de Teo poderán anotarse á excursión que organiza o Concello a Cantabria. A data da viaxe será o sábado 3 e domingo 4 de outubro. Os interesados poden achegarse ata o Departamento de Servizos Sociais para facer efectiva a inscrición.
O prezo establecido por persoa é de 165 euros por persoa en habitación dobre, tendo un suplemento de 35 euros para os interesados en aloxarse en habitación individual. A excursión inclúe os traslados, hotel e comidas varias. As prazas son limitadas.
Así, partirase o sábado 3 de outubro ás 8.00 horas da mañá desde a Casa Consistorial en autobús. Faranse as paradas técnicas necesarias polo camiño ata chegar ao restaurante para comer. Pola tarde, sobre as 17.30 horas, chegarase a Santander e os asistentes poderán desfrutar da tarde para visitar a cidade. O domingo 4, visitaranse as vilas de Santillana del Mar e Comillas. A chegada prevista a Teo será sobre as 21.00 horas.
Para máis información, poden achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello (edificio Constante Liste, 2º andar) ou chamar ao teléfono 981 80 97 07

| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| PROGRAMA SANTANDER OCTUBRE 26 (1).pdf | 707.61 KB |