O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Recollida das herbas de San Xoán

Lingua organiza por segundo ano consecutivo unha ruta para recoller as herbas de San Xoán na ruta das Muiñeiras, situada na parroquia de Luou o 23 de xuño.

Este ano, para cumprir coas restricións existentes  en canto ao número de participantes, haberá 4 quendas, en horario de mañá e tarde. Así ás 11.00 h será a primeira quenda, que partirá desde a igrexa de Luou  e ás 12.30 h comezará a segunda desde a aldea da Ínsua en sentido inverso. Así, ás 16.30, tamén iniciará desde a igrexa de Luou e ás 18.00 h desde a aldea da Ínsua, en horario de tarde. Como é tradición a data para recoller as herbas é o 23 de xuño, véspera da noite na que se deixan en auga.

As persoas interesadas deben enviar un correo-e ao enderezo lingua@teo.gal co nome completo e DNI, no caso de telo, das persoas que desexen participar na ruta e a quenda na que prefiren inscribirse, mañá ou tarde. Unha vez, enviado recibirán a confirmación co horario no que asiste cada persoa.

Esgotadas
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia