O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O vindeiro venres 25 de xuño as 19:30, na biblioteca dos Tilos, teremos a proxección do documental Noite irisada, dirixido por Bea Campaña, e que recolle a loita polos dereitos das persoas diversas sexualmente con testemuñas das protagonistas o que constitúe o único documental sobre esta temática realizada na historia audiovisual galega. A película recolle a historia dunha loita que non está exenta de represión e tamén de movemento liberador coa data de referencia do 28 de xuño de 1981 en que se desenvolve en Vigo a primeira manifestación do Día do Orgullo organizada polo movemento galego.
Para asistir hai que inscribirse enviando un correo-e a cim@teo.gal ou chamando ao 981938475.