O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A Cámara Escura

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal
Como chegar

Prazas dispoñibles
149
Inscribirse

Prazas por persoa
1

Que pasa cando unha adolescente de dezaseis anos comparte unha foto íntima co seu crush nun contexto social como o que estamos a vivir? 

 Alicia está namorada.  

Alicia fai un selfie. 

Alicia preme enviar.  

Do outro lado do móbil, alguén reenvía, e reenvía, e reenvía.  Os chats tolean. Unha avalancha de mensaxes, de vexacións, de insultos, de censura.  

Nun mundo eterno como é a rede, cal é a solución para recuperar a intimidade perdida tendo en conta que por cada ano que pasa, as xeracións están expostas a medrar sen a madurez suficiente para empregar un novo apéndice chamado teléfono?  

A cámara escura fala das vítimas de ciberacoso que se ven conducidas cara un buraco negro de desprezo e dor. Trata das persoas culpábeis que, agresión tras agresión, van construíndo un perigoso perfil de cara ao futuro. A cámara escura diserta sobre esas nais e pais que ven, con absoluta impotencia, rotas/os ás súas fillas e os seus fillos. A través de Alicia, esa rapaza dividida en dúas voces internas, podemos asomarnos á realidade que sofren cada día máis adolescentes a nivel mundial.

Espectáculo da compañía Vótice Escénico para público a partir de 12 anos. 

Con reserva previa de praza.

Inscribirse
camara escura

Outros eventos por vir