O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Continúa en agosto a VIII edición das andainas nocturnas ós petróglifos teenses que se organizan en colaboración co Colectivo A Rula.
O 13 de agosto farase unha ruta para ver o solpor no Piquiño e o punto de encontro para o grupo é o campo da festa de Luou ás 20:00 horas.
A ruta é duns 5 quilómetros e ten unha duración aproximada de entre dúas e tres horas. Hai 25 prazas e para asistir hai que chamar ao Departamento de Cultura (981.941.063) ou escribir a entradascultura@teo.gal indicando os datos das persoas asistentes e un teléfono de contacto.