O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, acudiu esta mañá á convocatoria da Comisión de Seguimento, convocada pola Xunta de Galicia tras un requirimento do Goberno local teense.
Na xuntanza, a rexedora de Teo exixiu que se cumpra exhaustivamente o convenio actual vixente, prorrogado no ano 2024 ata setembro de 2028, co fin de que os cambios no novo mapa de rutas do transporte urbano do Concello de Santiago non afecte de forma negativa á poboación teense en xeral e á dos Tilos en particular.
A pesar de que a postura do Consistorio santiagués segue sendo a mesma, incidindo en que os cambios na liña 6 permitirán unha mellora nas conexións cos hospitais, a rexedora de Teo foi moi clara: “non existe ningunha mellora se se elimina a liña 12, por moito transbordo gratuíto que nos queiran vender”.
Ademais, o Concello de Santiago avanzou que co novo contrato, de manterse as liñas 6 e 12, terán un aumento de custos, polo que tanto a Xunta de Galicia como o Concello de Teo solicitaron un estudo económico sobre estes incrementos, co fin de poder analizalo polo miúdo e, no caso de ser así, Teo non tería problema en asumir ese incremento co fin de non eliminar a liña 12.
As tres partes implicadas -Xunta de Galicia, concellos de Santiago de Compostela e Teo- quedaron emprazadas a unha nova xuntanza para seguir analizando esta cuestión.