O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
ANUNCIO NOMEAMENTO FUNCIONARIO DE CARREIRA
Publícase no DOG número 34 do venres 18 de febreiro de 2022 o anuncio do nomeamento como funcionario de carreira do concello de Teo, pola quenda de promoción interna, a Luis Enrique Papiri Villanueva, con DNI nº *****879J, para prover unha (1) praza de administrativo.
Publicado en teo.gal o 18 de febreiro de 2022.
Publícase no BOP número 1 do luns 3 de xaneiro de 2022 o anuncio do nomeamento como funcionario de carreira do concello de Teo, pola quenda de promoción interna, a Luis Enrique Papiri Villanueva, con DNI nº *****879J, para prover unha (1) praza de administrativo.
Consulta aquí o anuncio completo.
Publicado en teo.gal o 19 de xaneiro de 2022.
RESOLUCIÓN DE NOMEAMENTO
Publícase a resolución pola que se nomea como funcionario de carreira, pola quenda de promoción interna, a
Luis Enrique Papiri Villanueva, con DNI nº *****879J, para prover unha (1) praza de administrativo.
Consulta aquí a resolución completa.
Publicado en teo.gal o 29 de decembro de 2021.
RESULTADO 2º EXERCICIO
Publícase o resultado do 2º exercicio da fase de oposición no proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de administrativo/a, funcionario/a de carreira, correspondente á Oferta de emprego público de 2019.
Consulta aquí o resultado do 2º exercicio.
Publicado en teo.gal o 27 de decembro de 2021.
RESULTADO 1º EXERCICIO E DATA DA SEGUNDA PROBA
Publícase o resultado do primeiro exercicio da fase de oposición no proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de administrativo/a, funcionario/a de carreira, correspondente á Oferta de emprego público de 2019.
Consulta aquí o resultado do primeiro exercicio
Concedéndose un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, prazo que se contará dende a publicación na web municipal, realizada o 25 de novembro de 2021.
Convócase ao aspirante para a realización do segundo exercicio da fase de oposición que terá lugar o vindeiro día 16 de decembro de 2021 na Casa Consistorial. O tribunal reunirase ás 12:30 h. do citado día 16 de decembro, para acordar o exame que se realizará ao aspirante segundo o previsto nas bases que rexen a convocatoria, exame que se realizará ás 13:30 h. do citado día 16 de decembro.
Publicado en teo.gal o 25 de novembro de 2021.
BAREMACIÓN E DATA DEFINITIVA DE EXAME
Publícase a acta da 1ª sesión do tribunal para a selección de persoal laboral fixo/a, para cubrir unha praza de administrativo/a, funcionario de carreira do Concello de Teo.
Consulta aquí a acta completa
Publícanse as puntuacións da baremación no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello, outorgando un prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación a fin da presentación de reclamacións, no caso de que o aspirante o considere oportuno.
Convócase ó aspirante para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición que terá lugar o vindeiro día 19 de novembro ás 2021 na Casa Consistorial e reunirse ás 08:30 h. do citado día 19 de novembro, para acordar o exame que se realizará ao aspirante segundo o previsto nas bases que rexen a convocatoria que se realizará as 10:00 h. do citado día 19 de novembro.
Publicado en teo.gal o 3 de novembro de 2021
LISTA DEFINITIVA
Publícase a aprobación da lista definitiva de persoas aspirantes admitidas do proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de administrativo/a, funcionario/a de carreira, correspondente á Oferta de emprego público de 2019.
Consulta aquí a lista definitiva
Convócase aos membros do tribunal cualificador para o vindeiro día 28 de outubro de 2021 ás 10.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.
Publicado en teo.gal o 25 de outubro de 2021
LISTA PROVISIONAL
Publícase a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo, para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de administrativo/a.
Consulta aquí a lista provisional.
Ábrese un prazo de reclamacións que vai dende o 6 ao 20 de outubro, ambos incluídos.
Publicado en teo.gal o 5 de outubro de 2021.
ANUNCIO NO BOE DO 4 DE SETEMBRO
Publícase no BOE 212 do 4 de setembro a resolución para a provisión dunha praza de administrativo, mediante o sistema de concurso oposición, en quenda de promoción interna.
Consulta aquí o anuncio completo do BOE
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicaicón da resolución no BOE. Deste xeito o prazo esténdese do luns día 6 de setembro ao venres 1 de outubro.
Publicado en teo.gal o 6 de setembro
ANUNCIO NO DOG DO 24 DE AGOSTO
Publícase no DOG número 162 do 24 de agosto o anuncio da corrección de erros da convocatoria e das bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de administrativo, funcionario de carreira, mediante o sistema de concurso-oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Publicado en teo.gal o 24 de agosto de 2021.
Publícase no BOP nº 136 do 21 de xullo de 2021 o anuncio da corrección de erros da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de administrativo, funcionario de carreira, correspondente á oferta de emprego público 2019.
A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 504/2021, do 24.05.2021, aprobou a convocatoria e Bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de administrativo, funcionario de carreira, mediante o sistema de concurso – oposición.
As devanditas bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 99, do 28.05.2021.
A Resolución da Alcaldía nº 791/2021, do 07.07.2021, aprobou a corrección de erros das devanditas Bases, concretamente as Bases Cuartas letras c) e d) e da Base Novena apartados A) e B) e do Anexo II. A Resolución da Alcaldía nº 830/2021, do 15.07.2021, aprobou a corrección de erros das devanditas Bases, concretamente a Base Novena, apartado A).
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.
Publicado en teo.gal o 22 de xullo de 2021.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Lista provisional_administrativo.pdf | 75.08 KB |
basesadministrativo_promocioninterna.pdf | 133.75 KB |
anuncio_admtvo_dog.pdf | 390.34 KB |
BOE-A-2021-14544.pdf | 207.91 KB |
Lista definitiva administrativo.pdf | 74.21 KB |
Acta_baremacion_meritos_PI_administrativo_a.pdf | 347.42 KB |
administrativo_resultadoprimeiroex_PI.pdf | 586.39 KB |
ADMINISTRATIVO 2 examen_signed.2.pdf | 399.18 KB |
Resolución nomeamento.pdf | 74.42 KB |
nomeamentofuncionariocarreira_administrativo.pdf | 73.1 KB |