O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Música e xogos en Cacheiras o 30

A verbena cultural pecha o mes de xullo con música en xogos en Cacheiras. En colaboración coa comisión de festas de Cacheiras o venres 30 ao mediodía teremos concerto da Banda de Música Cultural de Teo nos exteriores da igrexa parroquial de San Simón. Pola tarde, ás 20:00h no antigo campo da festa teremos sesión de xogos de habilidade para as familias. A actividade será de balde, e obrigado o uso de máscara e desinfección das mans. O aforo será acotado e a entrada farase por orde de chegada. Farase a correspondente desinfección dos xogos en cada rotación. 

banda teo

xogos
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia