O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Observación do ceo no patrimonio arqueolóxico de Teo

Cultura programa a última xornada de observación do ceo nocturno no patrimonio arqueolóxico de Teo deste ano o 11 de setembro ás 21:00 horas. Será unha sesión de astronomía cultural no Petróglifo da Pena Bicuda. A duración da actividade é de tres horas aproximadamente e o punto de encontro é a Carballeira da igrexa de Luou. Recoméndase roupa axeitada para andar e algo para sentar ou pousar no chan. 

Para participar hai que inscribirse chamando ao teléfono 981 941 063 ou enviando un correo-e a entradascultura@teo.gal indicando os datos e un teléfono de contacto. 

Mais información sobre a programación da Verbena cultural en agosto premendo aquí

observación
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia