O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Procedeuse ao selado de fugas de auga e posterior encintado do frontal da fonte. Tamén se baleirou o pilón/bañeira do século XVIII e realizouse unha limpeza manual do enlousado de cantería para retirar o lodo que se foi acumulando dende a última limpeza, a cal data do ano 2022. Así mesmo, limparon e encintaron a pedra central que servía de asento aos bañistas e, posteriormente, de fito para ancorar a rede que noutrora tapaba a bañeira.
Arestora podemos volver ollar de novo a fábrica orixinal deste centenario pilón que, segundo as vellas crónicas, sufragou o abade de San Martiño Pinario de Santiago para que a veciñanza puidera "tomar as augas" mineromedicinais da Burga.
Os traballos foron executados pola equipa de técnicos, arqueólogos e restauradores da cooperativa “Arbore arqueoloxía S. Coop, Galega” con ampla experiencia neste campo. Responsables doutras intervencións de restauración e posta en valor de bens culturais no concello con magnífico resultado.