O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, reuniuse en San Caetano co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, para solicitarlle a ampliación do comedor do CEIP Os Tilos e das instalacións do IES Cacheiras. Unha petición, sinalou a rexedora municipal, que urxe para poder dar unha boa cobertura a toda a rapazada de ambos os dous centros e que a Consellería se comprometeu a estudar de cara ao próximo 2027.
Na xuntanza, na que tamén estivo a concelleira de Educación de Teo, María Vázquez, recolléronse as necesidades destes dous centros. Así, a alcaldesa informou que na actualidade existen un total de 95 prazas, que se dan en dúas quendas, e engadiu que se trata dun servizo moi solicitado. No tocante ao IES Cacheiras, un centro de referencia na educación secundaria da comarca, a alcaldesa pediu a ampliación das instalacións.
Noutra orde de cousas, tamén se abordaron as distintas necesidades presentes no resto de centros educativos. Así, no CEIP Plurilingüe A Ramallosa, volveuse a recordar a importancia de proxectar o máis axiña posible unha rampla para facilitar a accesibilidade ao centro, entre outras actuacións.
No tocante ao CEIP A Igrexa-Calo, a alcaldesa agradeceulle ao conselleiro as obras realizadas no centro. De feito, a pasada semana comezaron coa colocación do ascensor, o cal permitirá mellorar a accesibilidade e garantir así unha educación inclusiva e equitativa.