O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello acenderá as luces de Nadal o vindeiro luns, 30 de novembro, na praza da Estivada da Ribeira. A partir das 18.00 horas comezará as actividades, con animación musical e unha chocolatada para toda a rapazada. Animamos á veciñanza a achegarse e desfrutar da tardiña.
A iluminación volverá a estar presente nas 13 parroquias que conforman o municipio con figuras iluminativas en varias prazas, glorietas e igrexas parroquiais. Así mesmo, reforzarase a iluminación nas áreas comerciais para animar á xente a consumir nos negocios locais.
Por último, lembramos que no exterior do auditorio municipal da Ramallosa colocarase o Recuncho de Nadal, un espazo onde estará a Caixa de Correos Real para que cada neno e nena poida entregar con tempo a súa carta ás súas Maxestades de Oriente.
