O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Publícase no BOP nº 201 do xoves 21 de outubro de 2021 o anuncio de emprazamento ás persoas interesadas no procedemento ordinario 0000331/2021.
Visto que no Xulgado Contencioso-Administrativo núm. 2 de Santiago de Compostela se tramita recurso contencioso administrativo que deu lugar ao procedemento ordinario P.O. 0000331/2021, sendo recorrente D. Juan Carlos Carballal Paradela e demandado o Concello de Teo. Aos efectos de dar cumprimento ao oficio do Xulgado, de data 21 de setembro de 2021 (rex. entrada núm. 5020 do 24.09.2021), e no uso das facultades que confire o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e demais normativa aplicable, esta Alcaldía, por Resolución do 18/10/2021 (Res. 1101/21) resolveu notificar esta Resolución a cantos interesados aparezan no expediente mediante publicación no Boletín Oficial da Provincia, co obxecto de emprazar aos interesados para comparecer e persoarse en autos, no prazo de nove días, segundo dispoñen os artigos 21.1.c) e o 49 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso Administrativa. Publícase o presente anuncio, para que sirva de emprazamento ás persoas interesadas.
Publicado en teo.gal o 21 de outubro de 2021.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
7.- PUBLICAC. BOP EMPRAZAMENTO AOS INTERESADOS.pdf | 71.25 KB |