O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Axudas para o ensino e o transporte. Curso 2021/22

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

PROPOSTA DE CONCESIÓN DE AXUDAS DE ENSINO E TRANSPORTE

Publícase a proposta de concesión de axudas para o ensino e o transporte do curso escolar 2021/22. 

Consulta aquí a resolución de concesión. 

Publicado en teo.gal o 21 de abril de 2022. 

LISTAXE DE SUBSANACIÓN DE DOCUMENTACIÓN 

Publícase a listaxe de solicitudes das bolsas de ensino e transporte que teñen que subsanar ou achegar documentación. 

Consulta aquí a listaxe completa na que aparece a documentación pendente de achegar 

AVISO. Por protección de datos o número de expediente aparece co número de rexistro na táboa. Se alguén non lembra ou no localiza este número pode chamar ao 981.815.700.

Ábrese un prazo de 10 días hábiles, que abarcará dende o día 17/03/2022 ao 30/03/2022, ambos inclusive, para que as persoas solicitantes acheguen a documentación que falta. Esta achega hai que facela por rexistro, ben por Sede electrónica ou nun rexistro físico. 

Publicado en teo.gal o 16 de marzo de 2022. 

O BOP número 203 do 25 de outubro publica as Bases reguladoras da convocatoria de axudas para o ensino e o transporte do Concello de Teo, curso 2021/2022. 

Consulta aquí as bases completas.

Anexo I e Anexo II

Obxecto da convocatoria.

O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria pública que efectúa o Concello de Teo para a concesión de bolsas de estudo para os gastos de material escolar, (poden incluirse como material escolar, instrumentos musicais solicitados polos centros), libros de texto e contidos dixitais destinados a favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos.

Destinatarios/as e requisitos.

Para ser beneficiario destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos: 

  • Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda: PRIMARIA E INFANTIL: todos os centros públicos do Concello (CEIP A Ramallosa, Os Tilos, A Igrexa-Calo e CRA de Teo). ESO: IES de Cacheiras e Pontepedriña e alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de ESO que non exista nos centros anteriores. FP OU PCPI: calquera centro público. BACHARELATO: IES de Cacheiras, IES de Pontepedriña e o alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de Bacharelato que non exista nos centros anteriores. UNIVERSITARIOS: calquera universidade galega.ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL-ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES: Calquera centro galego.
  • O ALUMNADO cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de ensino de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.
  • Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base sexta da presente convocatoria.
  • Estar empadroado no Concello de Teo e ser fillo dependente economicamente. Non pode beneficiarse destas axudas o alumnado que non sexa dependente economicamente. Consideraranse fillos dependentes economicamente os menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita a axuda sempre que non teñan un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano 2021. 
  • Presentar certificado de matrícula (ou resgardo de ter pagada a matrícula, selado pola entidade bancaria) do/a alumno/a para o curso 2021/2022 (agás alumnos/as de Primaria, Infantil e ESO).
  • Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario, recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.
  • As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores, e no caso de alumnos/as de entre 18 e 25 anos poderán facelo tamén os propios beneficiarios.
  • Poderán ser beneficiarios da axuda de transporte os estudantes dos centros situados fóra da área de transporte metropolitano de Santiago. Alumnado de: o Formación Profesional. o PCPI. o Universitarios. o Alumnado de Bacharelato. o Alumnado de ensinanzas artísticas superiores.

Consulta as bases completas para ver a documentación que debes achegar xunto coa solicitude. 

Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

  • A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello de Teo, de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas, ou ben a través da sede electrónica (dispoñible durante as 24 h dos 365 días do ano), ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. Dado que a publicación no BOP se fixo o 25 de outubro o prazo estenderase do 26 de outubro ao 24 de novembro de 2021, ambos incluídos. 

Publicado en teo.gal o 25 de outubro de 2021.