O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O 24 de novembro farase un Obradoiro sobre desigualdades e violencia de xénero na Biblioteca dos Tilos á 17:00 horas. Esta actividade está dirixida a público xeral que teña interese en coñecer máis sobre este tema e poida detectar esas desigualdades coas que convivimos e que en ocasións normalizamos.
Para poder detectalas e combatilas é preciso este tipo de charlas e formación.
Entre os obxectivos desta actividade está concienciar sobre a desigualdade e/ou a violencia cara as mulleres; recoñecer que é violencia de xénero; coñecer a orixe da desigualdade social; reflexionar sobre a utilización do corpo da muller como reclamo; identificar discriminacións sociais, educativa e económicas e cocienciar sobre a dobre discriminación da muller migrante.
Se tes interese en participar inscríbete no teléfono 881.975.626 ou escribindo a cim@teo.gal. A actividade é de balde.
Máis información sobre a programación polo 25 N premendo aquí.