O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O pleno de novembro votará mocións sobre o 25N

| compartir:

O mércores 24 de novembro celébrase o pleno ordinario deste mes ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Na sesión votaranse mocións do PSOE e do BNG sobre o 25N, Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. O Concello programou para o xoves 25 un acto institucional ás 12:00 no que se fará unha lectura de poemas e da declaración institucional por esta xornada. 

Orde do día: 

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria de 29/09/2021.
  2. Dación de contas das resolucións da alcaldía (da 1116/21 á 1281/21).
  3. Ratifiación da resolución da alcaldía do 20/10/2021 (Res. 1110.21) de aprobación do "Prego de prescripcións técnicas que rexerán a subministración dun silo de aceiro para o almacenamento de lodos na Edar de Pontevea" (POS +2021).
  4. Ratificación da resolución da alcaldía do 08/11/2021 (Res 1218.21) de nomeamento de representantes da Corporación nos Consellos escolares. 
  5. Ditame da proposta da alcaldía de declaración de créditos non dispoñibles. 
  6. Ditame da moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE con motivo do 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. 
  7. Proposición do grupo municipal do BNG sobre o incremento dos recursos económicos destinados específicamente a loitar contra a violencia de xénero. 
  8. Mocións. 
  9. Rogos e preguntas. 
Casa do Concello