O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Festival de Maxia remata o sábado 18 coa xove promesa Dani Polo e a súa proposta para público familiar Enmaxiarte. A función será no Auditorio Municipal Constante Liste dende as 18:00 horas.
Enmaxiarte é un espectáculo cun formato novidoso e con efectos máxicos sorprendentes. Poderase desfrutar de diferentes elementos, maxia participativa, humor e ilusións de gran impacto.
A entrada será de balde pero é convinte reservar entrada escribindo a entradascultura@teo.gal indicando os datos persoais dos asistentes así coma un número de teléfono de contacto.
No caso de que non se complete a capacidade do auditorio coas entradas, permitirase acceder sen reserva ata cubrir as prazas ese mesmo día.