O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
En data 20 de xaneiro de 2017 aprobouse por Resolución da Alcaldía o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto con varios criterios de valoración, do subministro de “DESBROZADORA PARA MANTEMENTO AMBIENTAL DO CONCELLO DE TEO”, incluída no Plan de Medio Ambiente da Deputación Provincial da Coruña (PMA 2016), de acordo co seguinte cadro de características:
Entidade adxudicadora: Concello de Teo
Obxecto do contrato: subministro de “DESBROZADORA PARA MANTEMENTO AMBIENTAL DO CONCELLO DE TEO”
Expediente: sb-1/17
Procedemento de adxudicación: Procedemento aberto, con varios criterios de valoración.
Orzamento: 42.906,00€ (35.459,50€, máis 7.446.50€ de IVE)
Clasificación: Non se esixe
Garantía provisional: Non se esixe
Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído)
Prazo de entrega do subministro: 30 días naturais.
Información: Os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil de Contratante (www.teo.gal)
Proposicións: Poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, durante o prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación no Boletín da Provincia ou no perfil do contratante.
Maís información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 Teo. Teléfono: 981 815 700, Fax: 981 809 401
Teo, 20 de xaneiro de 2017
O alcalde,
Rafael C. Sisto Edreira
Publicado no BOP nº 17 do 25 de xaneiro de 2017 e no Perfil de Contratante o mesmo día.
En prazo de presentación: 26/01/2017 - 09/02/2017