AVISO.
O TELÉFONO DOS SERVIZOS TEO MADRUGA E TEO COIDA (613305863) ten o seguinte horario de atención: de luns a venres de 7:30 a 20:00.
INSCRICIÓN
O 22 de agosto abre a inscrición no Teo Madruga, o servizo de conciliación nos CEIPs de Calo, os Tilos e A Ramallosa en horario de 07:30 ata o comezo das clases en cada centro.
Dirixido a: alumnado dos CEIP do Concello, con prioridade para as familias empadroadas en Teo.
Lugar: nos colexios de Calo, da Ramallosa e dos Tilos.
Horario: de 07:30 horas ata o comezo das clases, todos os días do período lectivo.
Inscrición: a partir do 22 de agosto.
Tipos de usuarios/as:
- Fixo: aquel/a usuario/a que se matricule e utilice o servizo de luns a venres, independentemente de que o utilice todos os días ou días concretos. Estes usuarios/as poderán escoller as seguintes frecuencias de utilización do servizo: 1 día por semana; 2 días por semana; 3 días por semana; 4 días por semana ou 5 días por semana. Os usuarios/as fixos poderán solicitar unha utilización do servizo distinta das establecidas, sempre que o soliciten por escrito motivado.
- Ocasional: aquel/a usuario/a que, habendo praza, desexe utilizar o servizo en días soltos de forma ocasional.
Documentación obrigatoria:
- Folla de inscrición.
- Foto tamaño carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Documentación xurídica acreditativa en caso de separación, divorcio, violencia de xénero ou situacións análogas que indiquen a garda e custodia e o réxime de visitas (de ser o caso).
Opcional:
- Informe do especialista que corresponda en relación a enfermidades específicas ou discapacidades que precisen dunha atención específica, en especial os xustificativos de alerxia e/ou intolerancias (de ser o caso).
- Título de familia numerosa (de ser o caso).
- Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).
- Xustificación do acollemento (de ser o caso).
- Declaracións da renda do exercicio 2021 ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais (no caso de ter dereito a bonificación).
- Impreso de domiciliación selado pola entidade bancaria ou acompañado de xustificación documental da titularidade da conta.
Podes consultar toda a información sobre o programa, como os custes do servizo e as bonificacións premendo aquí
Descarga aquí a ficha de inscrición
Descarga aquí a solicitude de domiciliación
MÁIS INFORMACIÓN
- Servizos Sociais: 881819356 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h).
• BOP núm. 213, do 14 de decembro de 2020.
• BOP núm. 160, do 24 de agosto de 2021.