O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O servizo de voluntariado ten un dobre obxectivo:
Ofertar ás persoas de Teo a posibilidade de participar de xeito activo no artellamento social do concello, mediante a oferta dunha parte do seu tempo para colaborar a nivel comunitario.
Realizar actividades sociais que melloren a calidade de vida individual e colectiva, colaterais á propia acción municipal.
Os proxectos en activo neste momento son:
Banco Veciñal de Alimentos de Teo
Roupeiro Municipal. Podes atopar a localización do roupeiro municipal premendo aquí
Apoio Educativo
Acompañamento a persoas maiores ou con dificultades.
Voluntariado ambiental.
Voluntariado xuvenil.
O Regulamento interno de acción voluntaria do Concello de Teo, publicado no BOP núm. 190, do 4 de outubro de 2012 é o encargado de recoller o relativo ao funcionamento deste servizo.
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2012/10/04/2012_0000011933.pdf
A nivel autonómico, este servizo tamén se atopa lexislado pola Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20111221/AnuncioC3B0-161211-9951_gl.html
Adjunto | Tamaño |
---|---|
fichavoluntariadosocial.pdf | 254.3 KB |