O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Voluntariado

O servizo de voluntariado ten un dobre obxectivo:

  • Ofertar ás persoas de Teo a posibilidade de participar de xeito activo no artellamento social do concello, mediante a oferta dunha parte do seu tempo para colaborar a nivel comunitario.

  • Realizar actividades sociais que melloren a calidade de vida individual e colectiva, colaterais á propia acción municipal.

Os proxectos en activo neste momento son:

  • Banco Veciñal de Alimentos de Teo

  • Roupeiro Municipal. Podes atopar a localización do roupeiro municipal premendo aquí

  • Apoio Educativo

  • Acompañamento a persoas maiores ou con dificultades.

  • Voluntariado ambiental.

  • Voluntariado xuvenil.

O Regulamento interno de acción voluntaria do Concello de Teo, publicado no BOP núm. 190, do 4 de outubro de 2012 é o encargado de recoller o relativo ao funcionamento deste servizo.

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2012/10/04/2012_0000011933.pdf

A nivel autonómico, este servizo tamén se atopa lexislado pola Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20111221/AnuncioC3B0-161211-9951_gl.html

Voluntariado

Contacto

servizossociais@teo.gal
981 809 707

Ubicación

Centro Sociocultural da Ramallosa, Rúa da Lagoa 2
Teo

Arquivos descargables

Attachment Size
fichavoluntariadosocial.pdf 254.3 KB