O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
ANUNCIO DE NOMEAMENTO DE PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DE TEO
Publicada no Boletín Oficial Provincial da Coruña a Resolución da Alcaldía núm. 414/24, do 02 de abril de 2024 resolveu o nomeamento como funcionario de carreira, oficial da Policía Local, grupo C1, a José Martín Gómez Miramontes, con DNI nº ***3707**.
NOMEAMENTO FUNCIONARIO DE CARREIRA - OFICIAL POLICÍA LOCAL
Nomear funcionario de carreira, oficial da Policía Local, grupo C1, a José Martín Gómez Miramontes, con DNI nº ***3707**.
Notificar a presente resolución ao aspirante nomeado, comunicándolle que deberá tomar posesión no prazo dun mes a contar desde o día seguinte a aquel en que se lle notifique o nomeamento.
Comunicar a toma de posesión no prazo dos 15 días seguintes ao Rexistro de Policías Locais de Galicia, para que proceda á oportuna inscrición na sección primeira do devandito Rexistro.
REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN PROMOCIÓN INTERNA
Examinada a documentación que a acompaña, vista a proposta do Tribunal cualificador e o informe da técnica de Recursos Humanos de data 9 de xaneiro de 2024.
En virtude do exposto, e no uso das facultades que me confire o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e demais normativa aplicable, resólvese aprobar a proposta do Tribunal respecto do nomeamento de José Martín Gómez Miramontes, provisto de NIF nº ***3707**, como funcionario de carreira, para a provisión dunha praza de oficial da Policía Local, grupo C1.
PUBLICACIÓN DAS PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS
De acordo co previsto na base décima das que rexen a convocatoria, e segundo o acordado polo Tribunal o 20 de decembro de 2023, por medio do presente faise pública a puntuación final obtida polos dous aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuación, segundo se detalla a continuación, publicándose no taboleiro de anuncios e na páxina web municipal.
PUBLICACIÓN DAS PUNTUACIÓNS DO SEGUNDO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICION
Publícase a puntuación do segundo exercicio, da fase de oposición, do proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha praza de oficial da Policía Local correspondente á oferta de emprego público 2022.
Consulta aquí o resultado.
De acordo co previsto na base oitava das que rexen a convocatoria, por medio da presente faise pública a puntuación obtida polos aspirantes prsentados, concedéndose un prazo de cinco (5) días hábiles para os efectos de alegacións, prazo que vai do 28 de setembro ao 4 de outubro de 2023.
Publicado en teo.gal o 27 de setembro de 2023.
RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS FORMULADAS ÁS PUNTUACIÓNS DO 1º EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN E DATA PARA A REALIZACIÓN DO SEGUNDO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICION.
Publícase a resolución das alegación formuladas ás puntuacións do primeiro exercicio da fase de oposición e a data para a realización do segundo exercicio da fase de oposición.
Consulta aquí o resultado
Publicado en teo.gal o 11 de xullo de 2023.
PUNTUACIÓNS 1º EXERCICIO. PRAZA OFICIAL DA POLICÍA LOCAL.
Publícase a puntuación do primeiro exercicio, da fase de oposición, do proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha praza de oficial da Policía Local correspondente á oferta de emprego público 2022.
Consulta aquí o resultado
De acordo co previsto na base oitava das que rexen a convocatoria, por medio da presente faise pública a puntuación obtida polos aspirantes prsentados, concedéndose un prazo de cinco (5) días hábiles para os efectos de alegacións, prazo que vai do 14 de xuño ao 20 de xuño de 2023.
Publicado en teo.gal o 13 de xuño de 2023.
MODELO DE RESPOSTAS DO 1º EXERCICIO. PRAZA OFICIAL DA POLICÍA LOCAL.
Publícase o anuncio do cadro de respostas correctas do 1º exercicio do proceso selectivo, para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de oficial da Policía Local, funcionario de carreira, correspondente á oferta de emprego público de 2022.
Consulta aquí o cadro de respostas correctas.
Publicado en teo.gal o 12 de xuño de 2023.
CORRECCIÓN BAREMACIÓN MÉRITOS E DATA PRIMEIRA PROBA.
O tribunal do proceso selectivo para a provisión, por promoción interna, dunha praza de oficial da Policía Local, publica unha corrección de erros coa baremación definitiva e a data do primeiro exercicio da fase de oposición.
Consulta aquí a publicación completa
Así mesmo o Tribunal, nas sesións celebradas o 24 de abril e o 10 de maio de 2023, acordou convocar aos aspirantes, para a celebración da primeira proba da fase de oposición, o luns 12 de xuño, ás 12:00 horas, no Centro Sociocultural de A Ramallosa.
O tribunal reunirase, ás 08:00 horas do mesmo día, na Casa do Concello, para a configuración da citada proba. De acordo co establecido na base oitava das que rexen a convocatoria, indícase así mesmo que, segundo a Resolución do 28 de xaneiro de 2022 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia 2022 (DOG nº 24, do 4 de febreiro de 2022), a orde de actuación das persoas aspirantes no proceso comezará por aqueles cuxo primeiro apelido comece pola letra “T”.
Publicado en teo.gal o 15 de maio de 2023.
RESOLUCIÓN DUNHA RECLAMACIÓN E DATA PRIMEIRA PROBA. PRAZA OFICIAL POLICÍA LOCAL (PROMOCIÓN INTERNA). OEP 2022.
O tribunal do proceso selectivo para a provisión, por promoción interna, dunha praza de oficial da Policía Local, publica a resolución dunha reclamación á baremación publicada.
Podes consultar o resultado desa reclamación premendo aquí.
Así mesmo, o tribunal acorda convocar aos aspirantes, para a celebración da primeira fase de oposición, o martes 23 de maio, ás 12:00 horas, no Centro Socio Cultural da Ramallosa.
Publicado en teo.gal o 12 de maio de 2023.
BAREMACIÓN PRAZA OFICIAL POLICÍA LOCAL (PROMOCIÓN INTERNA). OEP 2022.
Reunido o tribunal do proceso selectivo para a provisión, por promoción interna, dunha praza de oficial da Policía local, en sesión celebrada o 14 de marzo de 2023, e realizada a baremación de méritos da fase de concurso, publícase o resultado que podes consultar premendo aquí
Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da presente publicación, rematando o prazo o 23 de marzo de 2023.
Publicado en teo.gal o 16 de marzo de 2023.
LISTA DEFINITIVA. OFICIAL POLICÍA LOCAL (PROMOCIÓN INTERNA)
Publícase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria para proveer dunha praza de oficial da policía local.
Consulta aquí a lista completa
Convocar aos membros do tribunal cualificador para o vindeiro día 14 de marzo de 2022, ás 12.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.
Publicado en teo.gal o 6 de marzo de 2023.
LISTA PROVISIONAL. OFICIAL POLICÍA LOCAL.
Publícase a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria para proveer dunha praza de oficial da policía local.
Consulta aquí a lista completa
De conformidade co previsto na base sexta das Bases reguladoras deste proceso selectivo, as persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos. O prazo de subsanación e/ou emenda estenderíase desde mañá xoves 1 de decembro ao venres 16 de decembro.
Publicado en teo.gal o 30 de novembro de 2022.
ANUNCIO NO BOE E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O BOE número 250 do martes 18 de outubro publica o anuncio referente á convocatoria para proveer dunha praza de oficial da policía local, pertencente á escala da administración especial, subescala de servicios especiais, en quenda de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición.
Consulta o anuncio completo do BOE premendo aquí.
O anuncio desta convocatoria publicouse no DOG número 194 do 11 de outubro de 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOE. Deste xeito o prazo de presentación de instancias para participar no proceso vai do mércores 19 de outubro ao 17 de novembro de 2022.
Descarga aquí a instancia.
Publicado en teo.gal o 18 de outubro de 2022.
PRAZA DE OFICIAL DA POLICÍA LOCAL.
ANUNCIO NO DOG DA CONVOCATORIA E BASES DUNHA PRAZA DE OFICIAL DA POLICÍA LOCAL
O DOG número 194 do 11 de outubro de 2022 publica o anuncio da convocatoria e bases para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha praza de oficial da Policía Local, funcionario de carreira, correspondente á oferta de emprego público do ano 2022.
Podes consultar o anuncio completo premendo aquí
Publicado en teo.gal o 11 de outubro de 2022.
Anuncio da convocatoria e bases dunha praza de policía local, funcionario de carreira (Promoción Interna).
O BOP número 173 do luns 12 de setembro publica o anuncio da convocatoria e bases para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de oficial da policía local, funcionario de carreira, correspondente á oferta de emprego público do ano 2022.
A Resolución da Alcaldía nº 1111/2022, de 2 de setembro de 2022, aprobou as bases e a convocatoria para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de oficial da policía local, funcionario de carreira, correspondente á Oferta de emprego público do ano 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado.
As bases reguladoras que rexerán a convocatoria podes consultalas premendo aquí
O obxecto desta convocatoria é a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de oficial da Policía Local, funcionario de carreira, a través do procedemento de selección que se sinala nestas Bases e para o non previsto nelas estarase ao disposto na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, do Regulamento que a desenvolve, Decreto 243/2008, do 16 de outubro e da Orde do 28 de xaneiro do 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixiantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixiantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de temporada, coas características que a definen:
Denominación da praza:Oficial
Réxime Funcionario de carreira
Unidade/Área Policía local
Escala/Subescala Administración Especial / Servizos Especiais
Grupo / subgrupo C / C1
Nivel 20
Titulación esixible Bacharelato ou técnico
Quenda de acceso Promoción interna
Sistema selectivo Concurso – oposición
Núm. de vacantes 1
Esta praza está dentro do anexo de persoal dos orzamentos do Concello de Teo para o ano 2022, aprobados polo Pleno da Corporación, (Boletín Oficial da Provincia da Coruña, nº 67 de 7 de abril de 2002) e incluída na oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral do Concello de Teo para o ano 2022 (Boletín Oficial da Provincia da Coruña, núm. 90, do 12 de maio de 2022).
O texto íntegro das Bases reguladoras do proceso selectivo e a súa convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP), inseríndose o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, publicaranse no taboleiro de anuncios, na páxina web municipal: www.teo.gal e no Portal de Transparencia do Concello.
Publicado en teo.gal o 12 de setembro de 2022.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
bases_oficialpolicialocal_PI.pdf | 178.26 KB |
Anuncio dog oficial policia local.pdf | 429.08 KB |
anuncio boe_policialocal.pdf | 186.52 KB |
Resolución lista provisional_0.pdf | 59.98 KB |
Resolución lista definitiva oficial policia local.pdf | 54.49 KB |
ANUNCIO BAREMACIÓN MÉRITOS Oficial PL.pdf | 114.69 KB |
DEFINITIVO BAREMACIÓN MÉRITOS E DATA PRIMEIRO EXERCICIO.pdf | 164.91 KB |
2.-ANUNCIO DEFINITIVO BAREMACIÓN MÉRITOS E DATA PRIMEIRO EXERCICIO.pdf | 130.45 KB |
modelo opos Oficial PL.pdf | 123.44 KB |
5.-ANUNCIO PUNTUACIÓNS PRIMEIRO EXERCICIO 13.06.2023.pdf | 25.73 KB |
RESOLUCION ALEGACIONS 1º EJ.pdf | 161.82 KB |
7.-ANUNCIO PUNTUACIÓNS SEGUNDO EXERCICIO 27.09.2023.pdf | 103.36 KB |
8- PUBLICACIÓN PUNTUACIÓN DEFINITIVA_signed.pdf | 76.67 KB |
Resolución requirimento documentación_1.pdf | 61.53 KB |
Resolución nomeamento funcionario carreira.pdf | 65.01 KB |
Anuncio nomeamento BOP.pdf | 103.17 KB |