O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O CONCELLO DE TEO VISIBILIZA O PROBLEMA DA VIOLENCIA DE XÉNERO CUNHA INTERVENCIÓN DE ARTE URBANA NA RÚA

| compartir:

O departamento de Igualdade do Concello de Teo quere chamar a atención sobre o problema da violencia de xénero e apostou por facelo cunha intervención de arte urbana na rúa. Estes días estanse realizando dous graffitis en dous espazos nas vías que cruzan o Concello, na N-550 (á altura da Casalonga) e na AC-841 (á altura da Ramallosa).

 

Ignacio Iglesias, concelleiro de Igualdade, explica que “con esta intervención de arte urbana na rúa queremos levar a denuncia desta lacra social fóra do ámbito institucional, coa intención de crear conciencia contra a violencia de xénero con calquera que vaia paseando ou vaia circulando pola estrada no seu coche”. Realizaranse dous murais nos que se traballarán mensaxes sobre a necesidade de denunciar os delitos de violencia de xénero e se lembrará tamén que a sociedade debe estar unida fronte a este gravísimo problema.

 

Dende Benestar tamén se deseñou un programa institucional de actos polo día contra a violencia de xénero. En Teo serán o 24 de novembro ás 19:00 horas no Salón de plenos. Despois da lectura do manifesto institucional farase a presentación do III Plan de igualdade do Concello de Teo.

 

O III Plan para a igualdade de mulleres e homes en Teo fai efectivo o compromiso do Concello na promoción e coordinación da actuación pública municipal no ámbito da igualdade. Para a elaboración do plan realizouse un traballo de identificación das necesidades cos departamentos municipais, grupos políticos e centros de ensino. Tamén se realizou un foro da igualdade con entidades, colectivos e profesionais que compartiron unha xornada de traballo participativo para a identificación de propostas a recoller no Plan.

 

O acto rematará coa actuación musical de Mónica de Nut e durante o mesmo tamén se poderán ver varias fotografías da artista Mari Vega, imaxes que pretenden denunciar a violencia contra as mulleres baixo o título “Parádea xa!”.

teo