O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A programación festiva do San Martiño 22 comeza este sábado 5 de novembro co concerto de Treixadura. A formación de música tradicional galega ofrecerá un concerto ás 21:00 horas para o que non é preciso retirar entrada. Só hai que vir con ganas de desfrutar e pasalo ben. A actuación será na zona do cruceiro de Francos, antes da entrada á carballeira. Nesa xornada a previsión é que xa haxa instaladas carpas de polbo. O concerto de Treixadura está co financiado pola Deputación da Coruña.
Feiriña
O domingo 6 teremos unha xornada de festa para as familias. Música, obradoiros e cabalos mistúranse para que as crianzas desfruten e coñezan a feira do San Martiño. As actividades faranse na carpa municipal colocada detrás da escola así que o mal tempo non ten que desanimarnos.
Teremos talleres para nenos/as de títeres con Títeres Babaluva no espazo de Barriga Verde e outro de elaboración de zonchos (colares de castañas). A inscrición pódese facer no espazo de axenda da web ou premendo aquí
Pero sen dúbida coñecer o cabalo será un dos maiores atractivos da Feiriña. E as crianzas poderán facer paseos a cabalo, de 11 a 13 horas e de 16 a 18 horas. Antes do mediodía tamén teremos un carrusel cabalar.
Unha festa sen música non é festa e a Feiriña terá animación cun concerto de Pulpiño Viascom ás 13:30 e pola tarde ás 17:00 horas pecha a festa Brais das Hortas co seu Consertasso na horta. Troula e festa aseguradas!
Ruta
No día 6 tamén teremos a ruta das Tres aldeas que sae dende a zona de Francos, indicada para persoas acostumadas a andar xa que ten unha duración de entre dúas e tres horas. Deportes programa este novo carreiro con saída dende a Casa Común de Francos ás 10:30 horas. Para participar hai que inscribirse premendo aquí.