O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O departamento de Promoción Económica do Concello de Teo, dirixido por Conchi García, pon en marcha un curso de Incorporación á empresa agraria cunha duración de 40 horas previsto para finais de novembro e primeiros de decembro. A actividade é de balde e está financiada pola Deputación da Coruña.
As persoas interesadas en asistir a esta actividade formativa deben entregar unha ficha de inscrición , que poden recoller no Concello ou descargar premendo aquí , ata o 20 de novembro no Rexistro Xeral do Concello. O horario é de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas e os sábados de 09:00 a 13:00 horas. Xunto coa ficha de inscrición hai que achegar copia do DNI do/a solicitante.
O programa do curso tratará sobre os seguintes temas centrados na empresa agraria: a importancia do factor solo, a fertilización na agricultura ecolóxica, o cultivo en agricultura ecolóxica, o cultivo de plantas medicinais e aromáticas en ecolóxico, recolección, conservación e almacenamento, trazabilidade, comercialización e diagnose de mercado e asociacionismo agrario. A maiores haberá un módulo de igualdade e casos prácticos.
As clases serán no Centro Sociocultural da Ramallosa os días 23, 26 e 30 de novembro e o 3, 7, 10, 14 e 17 de decembro en horario de 17:00 a 22:00 horas.
Máis información sobre a convocatoria premendo aquí