O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense aprobou por unanimidade no pleno do 29 de outubro unha moción con motivo da marcha estatal contra as violencias machistas. A proposta tivo o apoio de todos os grupos e foi impulsada pola Plataforma Feminista Galega. Podedes consulta o texto completo aquí
O 7 de novembro conflúen en Madrid milleiros de persoas de todo o Estado, convocadas polo Movemento Feminista, para manifestarse contra as violencias machistas. Na moción destácase a necesidade de que "todas as persoas e entidades, especialmente as públicas, estamos emprazadas non só a manifestarnos e contribuír a esta acción cidadá, senón a reactivar e mellorar a resposta á subsistencia da violencia machista evidenciada nos casos gravísimos dende o verán, dez anos despois da Lei integral contra a violencia de xénero de 2004, das numerosas leis autonómicas e un ano despois da ratificación do Convenio de Istambul (BOE do 06/06/2014), que se incumpren substancialmente en canto a prevención no ámbito educativo, que só dan protección laboral ou económica ao 1% das 126.742 denunciantes, ou de vivenda, mentras medra a desigualdade que é o caldo de cultivo da violencia".
Consulta o texto completo aquí