O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Urbanismos do Concello de Teo vén de enviarlle á Axencia Galega de Infraestruturas as súas prioridades para a execución de sendas peonís. A Xunta de Galicia comunicou a existencia de fondos para a execución deste tipo de obras, encamiñadas a minimizar o uso do vehículo particular.
Teo conta leva un tempo traballando xa na execución de obras de sendas peonís, sobre todo de cara a mellorar a seguridade viarias das persoas que van camiñando. Na comunicación á Xunta de Galicia e de cara a cumprir cos criterios indicados acordouse propoñer a realización de sendas en Cacheiras, Calo e Reis.
No caso de Cacheiras trataríase de conectar o cemiterio coa zona da Igrexa e esa zona tamén co núcleo máis urbano no que se atopa por exemplo o centro de saúde. A proposta de sendas para Calo que se solicitan concéntranse na zona do CEIP A Igrexa Calo. Neste caso a idea é establecer unha senda entre o centro escolar coa urbanización Campos de Mirabel, con poboación nova con nenos e nenas en idade escolar, e por outra banda co resto de Calo, baixando pola zona da Cascalleira cara a N-550 onde hai unha pasarela que cruza esta estrada de xeito que se pasara á outra beira, zona cunha alta densidade de poboación.
Na zona se Reis apóstase por conectar o centro de saúde de Pontevea coa parroquia de Reis, cara o norte, xa que cara o núcleo de Pontevea xa se realizou a construcción de sendas.
Dende o Departamento de Urbanismo, dirixido por Uxía Lemus (PSOE), destácase que á hora de decidir tívose en conta as condicións da Xunta que buscan fomentar a mobilidade alternativa propoñendo percorridos de ó redor dun quilómetro que ademais deben unir núcleos con espazos como centros de saúde, núcleos urbanos, centros sociais, escolas…
“As propostas enviadas dende Teo responden ademais a necesidades de humanizar zonas moi poboadas do Concello, como son núcleos principais en Cacheiras, Calo e Reis” indica Uxía Lemus