O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este luns 31 de agosto en sesión extraordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, nesta ocasión ás 20:30 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.
Un dos asuntos que se debaterá no pleno será a suspensión temporal do artigo 116 do acordo regulador do persoal funcionario e do artigo 113 do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Teo na parte na que incentivan economicamente a a xubilación mentras se manteñan as restricións en materia de incorporación de novo persoal.
Na sesión tamén se votarán os festivos locais para o 2016 que segundo a proposta da alcaldía serán o día da Ascensión e o San Martiño.
A orde do día ten os seguintes puntos:
Moción do grupo municipal do PP solicitando a comparecencia do Señor Alcalde en relación cunha subvención da Consellería de Medio Rural.