O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A ANDAINA TEENSE DO PROGRAMA GOZA DO ULLA ESTE ANO FARÁ UN PERCORRIDO ENTRE AS PONTES DE CAXADE E DE PONTEVEA

| compartir:

A andaina teense do programa Goza do Ulla este ano, que se fará o 27 de setembro, fará un percorrido entre as pontes de Caxade e de Pontevea, dúas das máis significativas do Concello. As persoas interesadas en participar xa se poden anotar entregando a ficha de inscrición no Departamento de Deportes coa data límite do 24 de setembro.

A ruta percorrerá unha distancia de 13 quilómetros. Dende o lugar de Caxade na parroquia de Luou o grupo camiñará pola antiga senda dos arrieiros ata a fermosa ponte da Florida. Dende alí bordearán os castros de Lucí e Santa Marta ata achegarse ó Ulla e visitar a área de lecer da Burga de Xermeade. A andaina rematará na emblemática ponte medieval de Pontevea. O punto de encontro para a saída será precisamente a ponte de Pontevea ás 09:00 horas o domingo 27 de setembro.  

O roteiro está dirixido a persoas de todas as idades dende os 7 anos xa que ten unha dificultade media. Os/as menores de idade terán que contar coa autorización do pai, nai ou titor/a. Ata os 16 anos deberá ir acompañados/as dun adulto. Dende o Departamento de Deportes recomendan levar roupa e calzado áxeitado así como unha mochila con bebida e comida para repoñer forzas durante a ruta.

Podes descargar a ficha de inscrición premendo na ligazón que aparece na marxe dereita desta nova.  

Máis información sobre o programa Goza do Ulla en https://www.facebook.com/GozadoUlla no teléfono do Concello de Teo, 981 815 700 ou escribindo a deportes@concellodeteo.com

teo