O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O campo de fútbol do praíña, na parroquia de Reis, acollerá este triangular que ten como principal atraente a participación do Coruxo F.C., conxunto que milita na 2ªB, quen disputará o torneo contra a S.D. Ordes, que milita na terceira división e o C.D. Estradense, que está na Preferente Galicia Sur.
O Praíña Sporting Club organiza esta sexta edición do torneo que leva o seu propio nome, sendo, ano tras ano, unha referencia na pretempada de equipos profesionais e semiprofesionais galegos.
Este ano o equipo punteiro é o vigués Coruxo, que tras realizar unha brillante campaña na pasada tempada da 2ªB, acadando unha meritoria oitava praza, tratará de repetir este ano unha campaña acorde a un equipo moi asentado xa na categoría. O Ordes será outro dos atractivos do torneo, un equipo consolidado na categoría da terceira galega e que buscará outro ano máis estar nos postos tranquilos desta división. Por último, o Estradense, equipo que acadou un cuarto posto na Preferente Autonómica Sur, buscará prepararse para poder disputar o ascenso á terceira, categoría na que militou tantos anos.
O torneo, que se disputa polo método dun triangular, comezará ás 18.30 h co partido entre Ordes e Estradense. Unha hora máis tarde, ás 19.30 h será o Estradense o que se enfronte ao Coruxo e, por último, ás 20.30 horas o Coruxo medirase ao Ordes, para xa ás 21.30 horas proceder á entrega de trofeos.
Este torneo, organizado polo equipo local do Praíña Sporting Club, co cal colabora o Concello de Teo, destinará o dez por cento do recadado nas entradas para a Asociación sen ánimo de lucro ASPAMITE (Asociación de Pais de Minusválidos de Teo).