O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O PLENO DE TEO APROBA POR UNANIMIDADE UNHA MOCIÓN NA QUE SE DEMANDA UN CENTRO DE DÍA

| compartir:

Os partidos políticos con represetanción na corporación de Teo (Anova, PSdeG-PSOE, PP e BNG) aprobaron por unanimidade unha moción na que se demanda da Xunta de Galicia a construción dun centro de día en Teo. A moción, presentada polo edil de Benestar Ignacio Iglesias, aprobouse no pleno ordinario do mes de xullo. Consulta aquí o texto completo da moción

Na proposta deféndese a necesidade que ten o Concello de Teo dun recurso diúrno de atención para atender a persoas en situación de dependencia e lembrouse que se trata dunha demanda histórica da corporación.

Dende a concellaría de Benestar explícase que a competencia para a creación, mantemento e xestión dos servizos sociais especializados é da Xunta de Galicia e en palabra de Ignacio Iglesias "dende este goberno municipal podemos demostrar a necesidade deste equipamento e reclamar da administración autonómica que se actúe". 

Neste momento dende o Concello solicitouse unha xuntanza coa concelleira de Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, para poder tratar este tema. 

teo