O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O CONCELLO ANULA A OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA O 18 E PROGRÁMAA PARA O LUNS 20 DE XULLO

| compartir:

O Concello de Teo e o observatorio astronómico da USC acordaron cancelar a observación astronómica prevista para este sábado 18 de xullo en Lampai. A nova data prevista para celebrala é o luns 20 se o ceo está despexado, xa que foi a nubosidade precisamente a que obrigou a cambiar a data. No caso de que o luns tampouco se dean as condicións óptimas quedaría para o sábado 25 de xullo. Dende a organización lamentamos as molestias. A actividade, dentro do programa TodoCosmos,

é gratuíta.

A observación farase no mirador da Agrela, no monte de Lampai. Para participar non hai que anotarse. Só achegarse á zona ó redor das 22:00 horas. 

O Concello de Teo participa por segundo ano na iniciativa TodoCosmos impulsada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC que pretende mellorar a divulgación astronómica entre a sociedade. O programa conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

Máis información sobre o programa TodoCosmos premendo aquí

teo