O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este luns 6 de xullo en sesión extraordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo , na marxe dereita da portada.
Os asuntos centrais deste pleno serán os relacionados coa xestión directa do servizo municipal de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas residuais do Concello de Teo. Nesta sesión votaranse tres propostas de resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza fiscal que regula a taxa por abastecemento e depuración, da memoria para a xestión directa do servizo e da modificación do anexo de persoal.
No pleno de marzo aprobáronse os tres acordos e no período de exposición pública a empresa Viaqua e traballadores da mesma firma presentaron alegacións contra estes acordos. Na proposta da alcaldía que se votará o luns deféndese o rexeitamento das alegacións, baseándose en razoamentos técnicos. No caso de quedar rexeitadas as alegacións a memoria para a xestión directa, a ordenanza e a modificación do cadro de persoal quedarían aprobadas definitivamente e pecharíase deste xeito o proceso administrativo de municipalización da auga en Teo.
A orde do día ten os seguintes puntos: