O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O CICLO MÚSICA NOS TILOS VOLVE A PROTAGONIZAR A PROGRAMACIÓN CULTURAL DE XUÑO

| compartir:

A programación cultural do mes de maio volve ter como protagonista a música con dúas citas xa consolidadas. Dende o Concello organízase o ciclo de concertos Música nos Tilos que oferta actuacións na casa común dos Tilos os venres 5, 19 e 26 de xuño. Por outra banda o venres 12 e sábado 13 celébrase no campo de San Domingo en Calo o festival revival Galicia Woodstock que chega á sexte edición.

Música nos Tilos abre coa formación Xacobe Martínez Antelo Trío este próximo venres. Este trío conta coa peculiaridade de non contar con instrumento armónico. Xacobe Martínez conta nesta ocasión con Rosolino Marinello ao saxo alto e Max Gómez na batería e neste ano está previsto que publiquen o seu novo disco. Os concertos nos Tilos comezan ás 22:30 horas e son de balde.

 

O venres 19 chega a proposta de Alonso Caxade a Teo. Trátase dun artista cunha proposta elegante e sinxela, cun discurso reivindicativo, metafórico e irónico. A banda editou o seu primeiro disco no 2013 e dende entón presentan este traballo coa formación de Manu Paino na trompeta e carillón, Manu Espiño no bombardino, Xosé Tuñas na batería e o propio Alonso Caxade na voz e acordeón.

 

Este ano pecha o ciclo Oh Trío formado por Antonio Bravo á guitarra, Germán Díaz na zanfona, caixa de música e serrucho musical e Diego Martín na batería. Nacen como banda no 2008 aínda que os seus integrantes xa se coñecían e colaboraran dende outras formacións.

 

Outra cita musical e festival que volve a Teo é o Galicia Woodstock que chega á sexta edición e se celebra no campo de San Domingo en Calo o venres 12 e sábado 13. Trátase dun revival do mítico festival Woodstock no que haberá música, bodas hipies, zona de acampada, actividades para os/as máis pequenos/as.

 

No resto da programación cultural atopamos tamén propostas para os máis pequenos/as coma a función “O Capitán Garfo” este sábado 6 ás 19:30 horas no CSC da Ramallosa para público familiar. A entrada custa 3 euros e pódese mercar na taquilla antes do espectáculo. O sábado 20 Maxín Blanco presensa o contacontos musicados “Os libros encantados” na Mediateca do Grilo ás 18:00 horas.

 

E neste mes de xuño tamén comezan as festas parroquiais nas que actuarán as bandas de música do Concello. A de Teo estará o domingo 21 en Recesende e a de Calo o xoves 25 en Calo, as dúas para ofrecer o concerto do mediodía.

teo