O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

POXA VENDA DE PARCELAS MUNICIPAIS

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

CONVOCATORIA DE SESIÓN DE MESA CONTRATACIÓN TEO ALLEAMENTO, MEDIANTE COMPRAVENDA, DE BENS INTEGRANTES DO PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO E BENS PATRIMONIAIS POR PROCEDEMENTO DE POXA

Data e hora de celebración: Luns 27 de febreiro de 2023 ás 10:00 horas

Lugar de celebración: Salón de Plenos

Orde do día

PRIMERO.- Apertura de sobre 1 e cualificación da documentación xeral.

SEGUNDO.- Apertura, se procede, do sobre 2, ofertas económicas.

TERCEIRO.- Avaliación, se procede, de ofertas presentadas e proposta provisional ou definitiva, de adxudicación. 

Publicado en teo.gal o 16 de febreiro de 2023.

ANUNCIO NO BOP DA VENDA DE PARCELAS E APERTURA DE PRAZO PARA PRESENTAR OFERTA

O BOP número 235 do 14 de decembro publica o anuncio de alleamento, mediante compravenda, de bens integrantes do Patrimonio municipal do solo e bens patrimoniais por procedemento de poxa.

Por Resolución da Alcaldesa acctal., do 7 de decembro de 2022, aprobouse o expediente e o prego de condicións para o alleamento, mediante compravenda, de bens integrantes do Patrimonio municipal do solo e bens patrimoniais por procedemento de poxa (en adiante, PC), segundo se detalla como podes ver a continuación.

Consulta o anuncio completo premendo aquí

Consulta o prego completo premendo aquí

Tamén podes descargar os anexos para a presentación da oferta a continuación:

OBXETO DO CONTRATO

Alleamento, mediante compravenda, por procedemento de poxa, das parcelas integrantes do Patrimonio municipal do solo, procedentes da xestión urbanística, e das parcelas patrimoniais, non integradas no citado patrimonio, que, distribuídas en lotes, se recollen no apartado 4 deste anuncio.

As parcelas que integran os lotes 13 e 14 non forma parte do Patrimonio municipal do solo do Concello de Teo e polo tanto o seu alleamento non queda sometido ás limitacións que para este tipo de solo establece a lexislación vixente.

PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS

a) Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas no Rexistro Xeral do Concello de Teo, en horario de 9 a 14, ou en calquera outro Rexistro admitido polo artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. O prazo de presentación será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia. Calquera oferta que se presente fóra deste prazo quedará excluída da poxa.

Tendo en conta que o anuncio no BOP se publica o 14 de decembro o prazo para presentar ofertas vai do 15 de decembro de 2022 ao 12 de xaneiro de 2023.

Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.

ANUNCIO DA POXA PARA A VENDA DE PARCELAS MUNICIPAIS. 

Por Resolución da Alcaldesa acctal., do 7 de decembro de 2022, aprobouse o expediente e o prego de condicións para o alleamento, mediante compravenda, de bens integrantes do Patrimonio municipal do solo e bens patrimoniais por procedemento de poxa (en adiante, PC), segundo se detalla a continuación:

ENTIDADE ADXUDICATARIA

a) Organismo: Concello de Teo

b) Dependencia: Secretaría, onde poderá obter copia do Prego de condicións e demais documentación que compón o expediente

OBXETO DO CONTRATO

Alleamento, mediante compravenda, por procedemento de poxa, das parcelas integrantes do Patrimonio municipal do solo, procedentes da xestión urbanística, e das parcelas patrimoniais, non integradas no citado patrimonio, que, distribuídas en lotes, se recollen no apartado 4 deste anuncio.

As parcelas que integran os lotes 13 e 14 non forma parte do Patrimonio municipal do solo do Concello de Teo e polo tanto o seu alleamento non queda sometido ás limitacións que para este tipo de solo establece a lexislación vixente.

TRAMITACIÓN E FORMA DE ALLEAMENTO

a) Tramitación: ordinaria

b) Forma: poxa 4.

IMPORTE DE LICITACIÓN

O importe de licitación ascende á contía establecida a continuación para cada un dos lotes incluídos no procedemento. Dito importe establécese en función da valoración realizada das fincas rexistrais polos servizos técnicos municipais do departamento de urbanismo e non inclúe os impostos que graven a transmisión. Ao devandito prezo engadiráselle o IVE aplicable no momento da adxudicación, que deberá satisfacer a persoa adxudicataria como cantidade adicional á súa oferta.

O prazo de vixencia das ofertas será de catro meses dende a data de apertura das ofertas económicas.

Podes consultar o importe de licitación no anuncio premendo aquí

PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS

a) Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas no Rexistro Xeral do Concello de Teo, en horario de 9 a 14, ou en calquera outro Rexistro admitido polo artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. O prazo de presentación será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia. Calquera oferta que se presente fóra deste prazo quedará excluída da poxa.

Se o último día do prazo coincidise en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Unha vez remitida ou entregada unha proposición non poderá ser retirada salvo causa debidamente xustificada.

Cando a proposición se presente nun Rexistro diferente ao do Concello de Teo, haberá de comunicarse a este a presentación da mesma por correo electrónico (poxaparcelas@teo.gal), achegando o xustificante de tela presentado en prazo, a efectos de permitir un control das ofertas presentadas e recibidas no Concello de Teo. Cando as proposicións se envíen por correo, a persoa licitadora deberá acreditar, co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta por correo electrónico (poxaparcelas@teo.gal). Sen cumprir tales requisitos non será admitida a proposición no caso de que se recibira con posterioridade á data e hora de terminación do prazo sinalado no anuncio de licitación. Porén, transcorridos 10 días naturais seguintes ao da terminación do prazo de presentación, sen terse recibido a proposición, esta non será admitida en ningún caso.

b) Documentación a presentar: a determinada na cláusula 7.2 do Prego de condición.

OBTENCIÓN DE DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN

a) Entidade: Concello de Teo

b) Domicilio: Travesía da Ramallosa nº 38, CP 15883

c) Teléfono: 981815700

d) Enderezo de correo electrónico: poxaparcelas@teo.gal

e) Web municipal: www.teo.gal

Consulta aquí o anuncio completo da poxa

Consulta aquí o prego de condicións de alleamento de parcelas

Publicado en teo.gal o 7 de decembro de 2022.