O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
ADXUDICACIÓN: Por Resolución da Alcaldía de data 24 de maio de 2017 adxudicouse o contrato de servizo de ASISTENCIA TÉCNICA PARA A REDACCIÓN DO PROXECTO E DIRECCIÓN FACULTATIVA DAS OBRAS DE RENOVACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR DE TEO á empresa "TALLER DE INGENIERÍA MYIL, S.L." polo prezo de 45.350,80€, IVE engadido, 37.480,00€, máis 7.870,80€ de IVE, con estrita suxeición aos Pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen a contratación, e á súa oferta.
Publicouse no Perfil de Contratante o día 26 de maio de 2017.
A mesa de contratación na súa reunión do 28 de abril de 2017 acordou reunirse o próximo día 5 de maio de 2017, fixando para as 10:00 horas do mesmo día a apertura dos sobres C "Proposición económica e documentación avaliable de forma automática" en acto de carácter público na Casa do Concello.
Publicado no Perfil do contratante o día 28 de abril de 2016.
Rematado o prazo de presentación de proposicións faise público que de acordo cos pregos de rexen o proceso de licitación, a mesa de contratación estará integrada polos seguintes membros:
Presidente: D. Rafael C. Sisto Edreira, alcalde do Concello ou concelleiro en quen delegue.
Vogais:
-D.ª Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello de Teo.
-D.ª Mónica I. Lado Varela, interventora do Concello de Teo.
-D. Ignacio Soto González, arquitecto municipal do Concello de Teo.
-D.ª Uxía Lemus de la Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.
-D. Ignacio Arroyo Font, concelleiro do grupo municipal do PP.
Secretaria: M.ª Pilar Sueiro Castro, adxunta a secretaría do Concello de Teo.
Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade por D. Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal polo arquitecto técnico municipal D. Luis Javier Castro Martínez e o concelleiro do grupo municipal do PP por D.ª María Vázquez Rey, concelleira do mesmo grupo, a secretaria de mesa será substituída por D. Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos administrativos.
Así mesmo faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación administrativa” o día 25 de abril, ás 11:00 horas nas dependencias municipais.
A apertura do sobre B “Referencias Técnicas” efectuarase o día 28 de abril, ás 11:00 horas en acto público na Casa do Concello.
Publicado no Perfil de Contratante o día 19 de abril de 2017.
Por Resolución da Alcaldía do 17/03/17 aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, con varios criterios de valoración, para a adxudicación do contrato de servizo ASISTENCIA TÉCNICA PARA A REDACCIÓN DO PROXECTO E DIRECCIÓN FACULTATIVA DAS OBRAS DE RENOVACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR DE TEO, de acordo coas seguintes características:
1.–Entidade adxudicadora
a) Organismo: Concello de Teo
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral
c) Número de expediente: 2017/S-4
2.–Obxecto do contrato
a) Tipo de contrato: Contrato de servizos
b) Descrición do obxecto: Asistencia técnica para a redacción do proxecto e dirección facultativa das obras de renovación do alumeado público exterior de Teo. Código CPV – 71000000-8
c) Duración do contrato: A duración do contrato será o tempo necesario ata a total finalización dos traballos relacionados coa liquidación da obra e a correcta xustificación da realización da actuación, ante o IDAE.
Así mesmo, faise constar que o prazo para a entrega do proxecto de execución será de 60 días naturais desde a formalización do contrato.
3.–Tramitación, procedemento e forma de adxudicación
a) Tramitación: ordinaria
b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración
4.–Tipo de licitación:
a) Valor estimado do contrato: 65.945,00€
b) Prezo base de licitación: 65.945,00€, IVE engadido (54.500,00€ sen IVE, máis 11.445,00€ de IVE)
5.– Clasificación: Non se esixe
6.- Garantías:
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: 5% do importe total de adxudicación
7.–Obtención de documentación. Concello de Teo-Secretaría Xeral. Trav. da Ramallosa, 38, Lucí, 15883 Teo. Teléfono 981 815700. Fax 981 809401. Páxina web do Perfil de contratante: www.teo.gal
8.– Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.
a) Data e lugar de presentación: No rexistro xeral do Concello (Travesía da Ramallosa, 38 – Lucí-Teo), de 9 a 14 horas, dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia
b) Documentación a presentar:
A documentación presentarase en sobres pechados e asinados polo licitador:
- Sobre “A”, subtitulado “Documentación administrativa”: conterá a documentación esixida na cláusula 8 do Prego de cláusulas administrativas.
- Sobre “B”, subtitulado “Referencias técnicas”. Este sobre conterá a documentación que permita valorar a proposición de acordó cos criterios que dependen dun xuízo de valor, de acordó co establecido na cláusula 8 do Prego de cláusulas administrativas.
- Sobre “C”, subtitulado “Proposición económica e documentación avaliable de forma automática”: conterá a proposición económica conforme ao modelo que figura na cláusula 8 do Prego de cláusulas administrativas.
9.- Criterios de valoración:
Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa, atenderase aos criterios que se indican a continuación:
a)Criterios avaliables de forma automática: Estes criterios valoraranse de xeito automático, ata un máximo de 60 puntos, da seguinte forma:
· Oferta económica (prezo): ata un máximo de 40 puntos.
A valoración da oferta económica realizarase de acordo coa fórmula xeral de valoracións de ofertas elaborado pola facultade de matemáticas, aprobada pola Deputación Provincial da Coruña para a valoración de ofertas de plans provinciais, (publicada no BOP da Coruña, nº 3 de 7 de xaneiro de 20116), que se incorpora como anexo III ao presente Prego.
Proximidade da oficina de dirección facultativa das obras, ata un máximo de 20 puntos.
A valoración deste apartado realizarase en función da instancia existente entre a Ramallosa (Concello de Teo) e o lugar no que se atope a oficina da dirección facultativa das obras, e distribuirase da seguinte forma:
A 20 ou menos quilómetros de distancia, 20 puntos.
Entre 21 e 70 quilómetros de distancia, 15 puntos.
Entre 71 e 150 quilómetros de distancia, 10 puntos.
A máis de 150 quilómetros de distancia, 5 puntos.
b)Criterios que dependen dun xuízo de valor: Estes criterios, que non serán avaliables de forma automática, valoraranse ata un máximo de 40 puntos, da seguinte forma:
· Memoria técnica dos traballos a realizar: ata 40 puntos.
Terase en conta á hora de valorar a Memoria os seguintes aspectos
- Grado de definición das solucións expresadas e coherencia coas esixencias do IDEA, de 0 a 25 puntos.
- Claridade expositiva das distintas fases na que se desenrolará o traballo, de 0 a 10 puntos.
- Coñecemento da realidade territorial e a súa problemática, de 0 a 5 puntos.
10.–Apertura das ofertas
O acto público celebrarase no lugar, data e hora que se sinale no Perfil de Contratante do Concello de Teo
11.–Máis información:
Secretaría Xeral do Concello de Teo ou no Perfil de Contratante (www.teo.gal).
12.–Pregos
Son de aplicación os Pregos de cláusulas administrativas e de condicións técnicas aprobados pola Resolución da Alcaldía de data 17/03/17
Teo, 23 de marzo de 2017
O alcalde,
Rafael C. Sisto Edreira
Publicado no BOP nº 59 do 28 de marzo de 2016 e no Perfil de Contratante o mesmo día
Adjunto | Tamaño |
---|---|
pregodeprescricionstecnicas.pdf | 1.21 MB |
pregosdeclausulasadministrativas.pdf | 1.32 MB |
ANEXO II - Resolución IDAE 20.12.16.pdf | 378.53 KB |