O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Estando próximo a rematar o prazo de presentación de proposicións, faise público que a mesa de contratación estará integrada polos seguintes membros:
Presidente: O alcalde ou concelleiro en quen delegue
Vogais:
Secretario/a: D.ª M.ª Pilar sueiro castro, adxunta a secretaría xeral. Suplente: D. Jesús Naveira Vázquez, xefe de servizos adminsitrativos.
Así amesmo faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A "Documentación" o día 24 de abril, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.
A apertrua do sobre B "Oferta económica e documentación para a valoración da proposición" producirase o día 27 de abril, ás 09:00 horas en acto público na Casa do Concello.
Publicado no Perfil do Contratante o día 10 de abril de 2017.
Por Resolución da Alcaldía do 22 de marzo de 2017 aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, con varios de valoración, para a adxudicación do subministro de UNHA SEGADORA PARA OS SERVIZOS BÁSICOS DO CONCELLO DE TEO, de acordo coas seguintes características:
1.–Entidade adxudicadora
a) Organismo: Concello de Teo
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral
c) Número de expediente: Sb-3/2017
2.–Obxecto do contrato
a) Tipo de contrato: Contrato de subministro
b) Descrición do obxecto: Subministro dunh asegadora para os servizos básicos do Concello de Teo. Código CPV – 16310000-1
c) Prazo de entrega do subministro: 60 días naturais
3.–Tramitación, procedemento e forma de adxudicación
a) Tramitación: ordinaria
b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración
4.–Tipo de licitación:
a) Prezo base de licitación: 40.535,00, IVE engadido (33.500,00€, máis 7.035,00€ de IVE)
5.– Clasificación: Non se esixe
6.- Garantías:
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: 5% do importe total de adxudicación
7.–Obtención de documentación. Concello de Teo-Secretaría Xeral. Trav. da Ramallosa, 38, Lucí, 15883 Teo. Teléfono 981 815700. Fax 981 809401. Páxina web do Perfil de contratante: www.teo.gal
8.– Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.
a) Data e lugar de presentación: No rexistro xeral do Concello (Travesía da Ramallosa, 38 – Lucí-Teo), de 9 a 14 horas, dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia
b) Documentación a presentar:
A documentación presentarase en sobres pechados e asinados polo licitador:
9.- Criterios de valoración:
Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase aos seguintes criterios de valoración:
a)Oferta económica ata un máximo de 30 puntos.
A valoración realizarase outorgando os 30 puntos á mellor oferta económica, e o resto das ofertas valoraranse de acordo coa seguinte fórmula:
Puntuación da oferta n = 30 x prezo da oferta económica máis baixa / prezo da oferta económica de n.
b)Melloras das características técnicas da máquina, ata un máximo de 20 puntos.
Valorarase neste apartado as características técnicas da máquina ofertada, que melloren as esixidas no Prego técnico, a razón de 2 puntos por cada unha das características que se incorporen á máquina ofertada, de entre as que se relacionan a continuación:
- Posibilidade de adaptarlle outros accesorios, tales como barredoira, escarificadora, coitela niveladora, … .
- Capacidade do depósito de combustible: entre 50 e 65 litros.
- Cabina de alta visibilidade.
- Cabina illada acusticamente.
- Luces exteriores dianteiras e traseiras direccionais no teito da cabina.
- Compartimento do motor illado e con suspensión independente.
- Sensor de presenza do operador no posto de mando ou similar de paro de corte por seguridade.
- Dous grupos ou velocidades: Curta para traballar e longa para desprazarse por estrada.
- Radio con kit de mans libres.
- Parada automática da toma de forza por quecemento do aceite hidráulico.
c)Redución prazo entrega, ata un máximo de 10 puntos.
Valorarase a redución do prazo de entrega, sobre o prazo establecido neste Prego, a razón de 2 puntos por cada 10 días de redución do prazo de entrega.
d)Incremento do período mínimo de garantía, ata un máximo de 4 puntos.
A valoración deste apartado realizarase outorgando 2 puntos por cada ano de garantía que se oferte a maiores do período mínimo d e2 anos que se establece no Prego.
10.–Apertura das ofertas
O acto público celebrarase no lugar, data e hora que se sinale no Perfil de Contratante do Concello de Teo
11.–Máis información:
Secretaría Xeral do Concello de Teo ou no Perfil de Contratante (www.teo.gal).
12.–Pregos
Son de aplicación os Pregos de cláusulas administrativas e de condicións técnicas aprobados pola Resolución da Alcaldía de data 17/03/17
Teo, 22 de marzo de 2017
O alcalde,
Rafael C. Sisto Edreira
Publicado no BOP nº 59 do 28 de marzo de 2017 e no Perfil de Contratante o mesmo día
Adjunto | Tamaño |
---|---|
pregodeclausulasadministrativas.pdf | 831.55 KB |
pregotecnico.pdf | 347.3 KB |