O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.
Contrátase como persoal laboral fixo a Eva María López Soto, provista de DNI nº. ***5068**, para prover unha (1) praza de educadora familiar, grupo A, subgrupo A2, con data de efectos do día seguinte ao da notificación da presente Resolución.
Notifícase a presente resolución á interesada para o seu coñecemento e efectos oportunos e dar traslado ao concelleiro de Servizos Sociais, Familia, Infancia, Terceira Idade e Relacións Veciñais, así como como aos Departamentos de Intervención e Recursos Humanos.
Publícase esta Resolución no Boletín Oficial da Provincia, na páxina web municipal: https://www.teo.gal, no Portal de Transparencia e no Taboleiro de Anuncios do Concello.
Publicado en teo.gal o 27 de novembro de 2024.
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.
Aprobada a proposta do Tribunal respecto da contratación de Eva María López Soto, provista de DNI nº. ***5068**, como persoal laboral fixo, para ocupar a praza de praza de educadora familiar, grupo A, subgrupo A2.
Notificada a presente Resolución á candidata proposta requiríndolle, para que no prazo de vinte (20) días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, presente a declaración responsable segundo o modelo facilitado polo Concello de que segue reunindo todos e cada un dos requisitos esixidos.
Aprobada a creación da bolsa de emprego da praza de educador/a familiar.
Publicado en teo.gal o 20 de novembro de 2024.
ACTA DE BAREMACIÓN DEFINITIVA.
Publícase a resolución das alegacións á valoración de méritos publicada o 16 de outubro de 2024, no taboleiro e web municipais, logo da sesión do Tribunal de data 14/10/2024.
De acordo co exposto e desestimadas as reclamacións presentadas, segundo o previsto nas bases novena e décima das que rexen a convocatoria, e vistos o méritos presentados polos aspirantes, o tribunal acordou:
Primeiro: Establecer a baremación definitiva á vista das puntuacións obtidas no proceso selectivo e atendendo ao estipulado no apartado 2 da base novena na que se indican os criterios a seguir no suposto de empate.
Segundo: De acordo co previsto na base décima, elevar á Alcaldía a referida relación de aspirantes para proceder a contratación como educadora familiar, persoal laboral fixa, a D.ª Eva María López Soto, con DNI ***5068** por ser a persoa aspirante que acadou a maior puntuación no proceso selectivo.
Terceiro: De acordo co disposto na base décima, propoñer á Alcaldía a creación dunha bolsa de traballo para a praza convocada coas persoas aspirantes finalmente non seleccionadas, ordenadas por orde descendente de puntuación.
Cuarto: Dar por rematado o proceso selectivo mediante a publicación da puntuación final total das persoas aspirantes do proceso selectivo, por orde de puntuación, na páxina web municipal (www.teo.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello.
Publicado en teo.gal o 19 de novembro de 2024.
ACTA DA SESIÓN DO TRIBUNAL PARA A SELECIÓN DUNHA PRAZA DE EDUCADOR/A FAMILIAR, PERSOAL LABORAL FIXO, PROCESO DE ESTABILIZACIÓN.
Publícase a Acta da sesión do Tribunal para a selección dunha praza de Educador/a familiar. Do mesmo xeito, dáse por rematado o proceso selectivo mediante a publicación da puntuación final total das persoas aspirantes do proceso selectivo, por orde de puntuación, na páxina web municipal (www.teo.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello.
Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da devandita baremación segundo se establece na base oitava.
Publicado en teo.gal o 16 de outubro de 2024.
CORRECCIÓN DE ERROS LISTA DEFINITIVA. ESTABILIZACIÓN. EDUCADOR/A FAMILIAR.
Tendo en conta o disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, establece que as Administracións Públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.
Neste senso, procédese a corrixir os erros materiais da Resolución da Alcaldía nº 1251/2024, de 7 de outubro.
Publicado en teo.gal o 8 de outubro de 2024.
LISTA DEFINITIVA. ESTABILIZACIÓN. EDUCADOR/A FAMILIAR.
Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de educador/a familiar, persoal laboral fixo. Consulta aquí a listaxe definitiva.
Convócase ás persoas integrantes do tribunal cualificador para o vindeiro día luns 14 de outubro de 2024, as 10.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.
Publicado en teo.gal o 7 de outubro de 2024.
LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN. EDUCADOR/A FAMILIAR. PERSOAL LABORAL FIXO.
Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de educador/a familiar, persoal laboral fixo.
Consulta aquí a listaxe provisional.
As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.
O prazo esténdese do 6 ao 17 de febreiro de 2023.
Respecto da documentación non presentada e que figura como causa de exclusión lémbrase a seguinte información:
Publicado en teo.gal o 3 de febreiro de 2023.
ANUNCIO DOG CORRECCIÓN DE ERROS PRAZA EDUCADOR/A FAMILIAR
O DOG número 5 do 9 de xaneiro de 2023 publica o anuncio ANUNCIO de corrección de erros da Resolución 1561/2022, do 29 de novembro.
A Resolución da Alcaldía núm. 1603/2022, do 7 de decembro, corrixe a Resolución núm. 1561/2022, publicada no BOP núm. 230, do 5 de decembro, no que se refire ás bases específicas e á convocatoria dunha praza de educador/a familiar, persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, que quedan redactadas segundo a Resolución publicada no BOP núm. 234, do 13 de decembro de 2022.
O que se publica para efectos de xeral coñecemento e da interposición polas persoas interesadas dos recursos que se consideren oportunos.
Consulta aquí o anuncio completo
Publicado en teo.gal o 9 de xaneiro de 2022.
ANUNCIO NO BOE E APERTURA DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. PRAZA DE EDUCADOR/A FAMILIAR.
PROCESO ESTABILIZACIÓN.
O BOE número 311 do 28 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria para proveer a praza de educador/a familiar.
Consulta aquí o anuncio completo.
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer a citada praza mediante o sistema de concurso.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no "Boletín Oficial do Estado".
O prazo de presentación de instancias para participar nos proceso de estabilización da praza de educador/a familiar vai do 29 de decembro ao 26 de xaneiro de 2022.
Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso.
Publicado en teo.gal o 28 de decembro de 2022.
ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN
O DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.
Consulta aquí o anuncio completo.
Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.
CORRECCIÓN DE ERROS PRAZA EDUCADOR/A FAMILIAR
O BOP número 234 do 13 de decembro publica unha corrección de erros do anuncio publicado no BOP núm. 230 do 05.12.2022, relativo ás bases específicas e a convocatoria dunha praza de educador/a familiar, persoal laboral fixo (disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro).
Podes consultar aquí o anuncio completo.
Publicado en teo.gal o 13 de decembro de 2022.
BASES XERAIS, ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NAS DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 6ª E 8ª DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. EDUCADOR/A FAMILIAR.
O BOP NÚMERO 230 DO 5 DE DECEMBRO PUBLICA O ANUNCIO
O BOP número 230 do 5 de decembro publica o anuncio das bases xerais, específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, de 28 de decembro.
Convócase a praza de educador/a familiar, persoal laboral fixo.
A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1561/2022, de 29 de novembro, aprobou as bases xerais, especificas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e podes consultar premendo aquí
Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
anuncio BOE - 16.12.22_0.pdf | 190.19 KB |
anuncion dog estabilizacion_0_0.pdf | 411.82 KB |
bases estabilizacion disposicions 6 e 8 _0.pdf | 252.57 KB |
correccionerros educador_a familiar_0.pdf | 129.26 KB |
Instancia_estabilización_concurso_0.pdf | 67.21 KB |
BOE - 28.2022 - correccion educadora social - novo prazo.pdf | 186.08 KB |
DOG 9 xaneiro - correccion erros educadora familiar.pdf | 398.29 KB |
Listas provisionais_educadora familiar.pdf | 67.68 KB |
Listas_definitivas_educador_a_familiar.pdf | 73.65 KB |
Corrección_erros_Listas_definitivas_educador_a_familiar.pdf | 105.72 KB |
Acta baremación méritos.pdf | 177.98 KB |
Acta baremación definitiva.pdf | 190.54 KB |
Resolución requirimento documentación - bolsa emprego.pdf | 57.77 KB |
Resolución contratación Eva Lopez.pdf | 46.49 KB |