O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Teo encherá de vitaminas para a lingua o Día das Letras dedicado a Carlos Casares

| compartir:

O Concello de Teo entregará 2.500 laranxas para celebrar o Día das Letras Galegas, que este ano se adica a Carlos Casares. A campaña impulsada dende o Servizo de Normalización Lingüística, chámase “vitaminas para a lingua galega” e xoga co coñecido título de Casares “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”.

O Servizo de Normalización presenta esta actividade co fin de divulgar a figura de Carlos Casares e o Día das Letras Galegas entre a comunidade escolar e a poboación xeral. A actividade céntrase na creación dunha imaxe co lema “vitaminas para a lingua galega”, que ademais de servir de visibilizador da campaña é utilizada como medio para envolver as laranxas que na semana das Letras se repartirán nos tres CEIPs municipais, A Ramallosa, Os Tilos, ademais de nas unitarias do CRA e no IES de Cacheiras. Estas laranxas tamén estarán dispoñibles durante a semana das Letras en edificios públicos como a Casa do Concello e as bibliotecas para que calquera persoa as poida coller.

Esta campaña ten como principal obxectivo facer visible entre a comunidade escolar a necesidade que a lingua galega ten que recibir vitaminas, como as vitaminas das laranxas de Carlos Casares, para que siga sendo unha lingua forte e con futuro. Esas vitaminas necesarias á lingua chéganlle polo uso dos nenos e nenas e dos mozos a mozas que forman esta sociedade.

Durante o reparto nos centros de ensino estará presente tantoo alcalde do Concello de Teo, Rafael Sisto, como a concelleira de Educación, Pilar Faxil,co fin de compartir cos nenos e nenas un faladoiro sobre esta actividade, sobre o autor homenaxeado, Carlos Casares, e sobre o Día das Letras.

Letras galegas

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
Pegatina laranxas.pdf 771.25 KB