O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Unha vez rematado o prazo de inscrición nos campamentos, e realizado o sorteo público das prazas en acto público o 7 de xuño de 2017, o Concello fai públicas as listaxes de persoas admitidas no campamento infantil e xuvenil do Concello de Teo para este verán 2017.
Listaxe admitidos/as no campamento infantil
Listaxe admitidos/as no campamento xuvenil
Os campamentos de verán do Concello de Teo este ano realizaranse en Santa Cruz de Oleiros e en Cangas. O campamento infantil está dirixido a nenos e nenas nadas do 2005 ao 2010 (ambos incluídos) e farase en Cangas entre o 9 e o 16 de agosto. O campamento xuvenil está dirixido a nenos e nenas nados do 2000 ao 2004 (ambos incluídos) e será en Santa Cruz de Oleiros do 5 ao 13 de agosto.
Campamento infantil.
DATAS: do 9 ao 16 de agosto.
LUGAR: Cangas do Morrazo
COTA DE INSCRICIÓN: 80 euros. Consultar exencións e bonificacións no BOP nº. 195, do 13/10/2011
PAGAMENTO: do 12 de xuño ao 26 de xuño. Entregar o xustificante de pago no Rexistro Xeral do Concello. O xustificante pódese mandar por e-mail a deportes@teo.gal Se o día 27 de xuño non está depositado no Concello o xustificante de pagamento enténdese que se renuncia á praza, polo que se chamará ás solicitudes da listaxe de agarda.
DOCUMENTACIÓN: unha foto de carné, no caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico.
REUNIÓN INFORMATIVA: xoves 22 de xuño ás 20:00 horas no salón de plenos do Concello de Teo
Campamento xuvenil
DATAS: do 5 ao 13 de agosto.
LUGAR: Santa Cruz - Oleiros
COTA DE INSCRICIÓN: 90 euros. Consultar exencións e bonificacións no BOP nº. 195, do 13/10/2011
PAGAMENTO: do 12 de xuño ao 26 de xuño. Entregar o xustificante de pago no Rexistro Xeral do Concello. O xustificante pódese mandar por e-mail a deportes@teo.gal Se o día 27 de xuño non está depositado no Concello o xustificante de pagamento enténdese que se renuncia á praza, polo que se chamará ás solicitudes da listaxe de agarda.
DOCUMENTACIÓN PARA A INSCRICIÓN: unha foto de carné, no caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico.
REUNIÓN INFORMATIVA: 29 de xuño ás 20.15 no salón de plenos do Concello de Teo.