O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A. ESTABILIZACIÓN.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

CORRECCIÓN BOLSA AUXILIAR ADMINISTRATIVA. 

A Resolución da Alcaldía nº 424/2023, de 5 de abril, aprobou a creación da bolsa de emprego temporal de auxiliar administrativa/o, resultante do proceso selectivo celebrado ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, de 28 de decembro.

Con data 12 de abril de 2023, Lorena Gómez Roo presenta unha solicitude nº de Rexistro 202399900001051, na que tras manifestar que: “obsérvase na listaxe de agarda que a puntuación da candidata número 6 non está correctamente sumada...”, interesa “se emende o erro detectado e se me sitúe no posto axeitado na dita lista...”

O tribunal cualificador na súa sesión do 14 de abril, e tras a revisión dos expedientes, comprobou que existiu un erro material na transcrición da puntuación acadada por outra aspirante, María Belén Souto Fidalgo, quen figuraba no posto cinco (e non no seis como facía constar Lorena Gómez Roo) da bolsa de emprego. Apróbase unha resolución para corrixir esta situación. 

Podes consultar aquí a corrección de erros. 

Resolución da Alcaldía n.º 456/2023, de 12 de abril, do Concello de Teo, de contratación de persoal laboral fixo para a praza de auxiliar administrativa.
 

Rematado o procedemento incluído no marco do proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do disposto
nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pertencente á OEP 2022, a Resolución da Alcaldía n.º 456/2023, de 12 de abril, do Concello de Teo, resolveu a contratación de Margarita Portela Barreiro, provista de DNI nº. ***9679**, como persoal laboral fixo, para a praza de auxiliar administrativa.

Publicado en teo.gal o 18 de abril de 2023.

 

REQUIRIMENTO DOCUMENTACIÓN PARA NOMEAMENTO E APROBACIÓN DA BOLSA

Publícase a resolución pola que se aproba a proposta do Tribunal de contratación de Margarita Portela Barreiro,  provista de DNI nº ***9679**, como persoal laboral fixo, para ocupar a praza de auxiliar administrativa, grupo C2. 

Consulta aquí a resolución completa. 

Requíreselle á candidata que presente a documentación conforme ao previsto nas Bases. 

Apróbase a creación da bolsa de emprego de auxiliar administrativo/a coa relación de aspirantes que podes consultar premendo aquí

Publicado en teo.gal o 10 de abril de 2023. 

ACTA DA SESIÓN DO TRIBUNAL PARA A SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A. PERSOAL LABORAL FIXO.

O tribunal publica o resulado da baremación das persoas aspirantes do proceso selectivo de auxiliar administrativo/a. 

Consulta aquí a acta do tribunal co resultado da baremación. 

Contra a baremación as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o tribunal no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da devandita baremación. O prazo de reclamación esténdese do 31 de marzo ao 4 de abril de 2023. 

De acorco coa base décima, elévase á Alcaldía a referida relación de aspirantes para proceder ao nomeamento como auxiliar administrativa, persoal laboral fixo, a D.ª Margarita Portela Barreiro, con DNI ***9679** por ser a persoa aspirante que acadou a maior puntuación no proceso selectivo.

Así mesmo proponse á Alcaldía a creación dunha bolsa de traballo para a praza convocada coas persoas aspirantes finalmente non seleccionadas, ordenadas por orde descendente de puntuación. 

Publicado en teo.gal o 30 de marzo de 2023. 

LISTA DEFINITIVA. ESTABILIZACIÓN. AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A. PERSOAL LABORAL FIXO.

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de auxiliar administrativo/a, persoal laboral fixo.

Consulta aquí a lista definitiva 

No decreto de aprobación da lista definitiva tamén se nomea o tribunal cualificador. 

Convócase aos membros do tribunal cualificador para o vindeiro día 29 de marzo ás 09.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.

Publicado en teo.gal o 22 de marzo de 2023. 

LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN. AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A.  PERSOAL LABORAL FIXO.

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de auxiliar administrativo/a, persoal laboral fixo.

Consulta aquí a listaxe provisional.

As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.

O prazo esténdese do 25 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2023.

Respecto da documentación non presentada e que figura como causa de exclusión lémbrase a seguinte información:

  • Presentarase a instancia empregando o modelo oficial publicado na páxina web e que podes descargar premendo aquí ou o publicado no Boletín Oficial da Provincia.
  • En  canto á relación de méritos, deberá presentarse a mesma nun documento indicando nome e apelidos da persoa aspirante, DNI e detallarase a documentación que se presentou ao respecto: cursos, contratos, tomas de posesión, vida laboral, etc.

Publicado en teo.gal o 24 de xaneiro de 2023.

ANUNCIO NO BOE E APERTURA DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A. ESTABILIZACIÓN. 

Proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da lei 20/2021, do 28 de decembro. 

BOE número 301 do 16 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria da praza de auxiliar administrativo/a, en réxime laboral, grupo C, subgrupo C2. 

Consulta aquí o anuncio completo. 

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer mediante o sistema de concurso a praza de auxiliar administrativo/a.  

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no "Boletín Oficial do Estado". 

O prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 17 de decembro de 2022 ao 16 de xaneiro de 2023. 

Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso. 

Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2022. 

ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN. AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A.

DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Consulta aquí o anuncio completo.

O anuncio inclúe a convocatoria da praza de auxiliar administrativo/a, en réxime laboral, grupo C, subgrupo C2. 

Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.

BASES XERAIS, ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NAS DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 6ª E 8ª DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A.

O BOP NÚMERO 230 DO 5 DE DECEMBRO PUBLICA O ANUNCIO

O BOP número 230 do 5 de decembro publica o anuncio das bases xerais, específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, de 28 de decembro.

Convócase da praza de auxiliar administrativo/a, en réxime laboral, grupo C, subgrupo C2. 

A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1561/2022,de 29 de novembro, aprobou as bases xerais, especificas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e podes consultar premendo aquí

Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.