O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Festeo e a Festa da Terra volven encher a carballeira de Francos

| compartir:
Parroquia
Calo

O Festeo e a Feira da Terra volveron a convertirse nunha lugar de encontro do movemento asociativo e da cultura e o deporte teense. Onte, centros de persoas, encheron durante toda a xornada a carballeira de Francos para ver unha boa mostra do traballo que fan a diario as asociacións do Concello. Tamén houbo tempo para renderlle unha merecida homenaxe a Malena Suárez, que foi durante anos a presidenta da ARC Os Tilos.

Dende antes do mediodía comezaron as actividades de mostra de actividades deportivas, palilleiras, e as actuacións musicais das agrupacións de música  e baile tradicional das diferentes parroquias. Esto acompañado de ambiente de feira con numerosos postos de venda.

Un dos momentos máis emotivos foi o recoñecemento que lle fixo o Concello de Teo e o movemento asociativo a Malena Suárez, a persoa que pilotou dende o seu nacemento e durante máis de dúas décadas o funcionamento da asociación ARCOS Tilos. Esta entidade é sen dúbida un exemplo a seguir e do que presumir. Carme Hermida, que foi concelleira de Cultura de Teo dende o 2007 ao 2015 e ademais amiga de Malena, foi a encargada de destacar a figura da homanaxeada. O alcalde de Teo, Rafael Sisto, entregoulle unha placa a Malena en lembranza desta xornada. 

Pola tarde houbo espazo tamén para o teatro unha mostra do traballo da Aula de teatro municipal e cunha peza de Chévere, compañía residente do Concello, con Aspamite.

Ademais houbo actividades de lecer para os/as máis pequenos/as e contamos coa orquestra Os Modernos para o fin de festa.

Festeo e Feira da Terra