O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Celébrase o pleno extraordinario para a aprobación do POS

| compartir:

Este xoves 9 de febreiro celébrase un pleno extraordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

O pleno votará as propostas do Plan de Obras da Deputación, que contempla o acondicionamento do viario en Mazas, a mellora da estrata en Vilar de Calo-San Domingo ademais dunha partida para gasto corrente de 331.000 euros. A proposta da alcaldía tamén recolle o Plan complementario 2023 cos proxectos de actuación de saneamento e pavimentacióni en Casalonga, reurbanización do núcleo de Lamas en Bamonde e o cambio de cuberta do pavillón municipal Ezequiel Mosquera, na Ramallosa. 

A sesión inclúe a proposta do POS social que se adicará ao programa de axuda a domicilio e servizos de atención a persoas vulnerables. 

Orde do día:

  1. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de Concellos) "POS+2023".
  2. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do POS+ Adicional 1/2023 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.
  3. Proposición da alcaldía relativa á perda de prazas de aparcadoiro no entorno da estrada AC-841 en relación ao proxecto de "Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG na zona sur da ATM de Santiago" promovido pola Xunta de Galicia.
concello