O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O pleno aproba unha moción de apoio ás reivindicacións da comunidade educativa en defensa do mantemento do profesorado

| compartir:
Parroquia
Calo

O pleno do Concello de Teo, na sesión celebrada o 28 de xuño, aprobou unha moción en apoio das reivindicacións da comunidade educativa polo mantemento do profesorado nos CEIPs de Teo e dos servizos complementarios. A proposta contou co apoio de SondeTeo-Anova, PSdeG-PSOE e BNG. O PP abstívose neste punto.

A moción tiña a seguinte parte resolutiva:

  1. Reclamar da Consellería de Cultura, Educación e O. U. que se manteña na súa totalidade o persoal educativo do CEIPs de Teo, e do de Calo en particular, e que se garanta a continuidade de todos os servizos que presta o CEIP de Calo, moi particularmente o da cociña.
  2. Apoiar as reivindicacións das comunidades educativas dos centros públicos de Galicia que se opoñen ao peche de colexios e ao deterioro do ensino público
  3. Dar traslado deste acordo a consellería de Cultura, Educación e O. U e a todos os grupos políticos do Parlamento de Galicia

Podes consultar aquí a moción completa

Votación moción anpa

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
Mocion apoio Anpa de Calo.pdf 141.46 KB