O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Este verán organízanse rutas nocturnas polos petróglifos teenses e varias observacións astronómicas

| compartir:

Este verán en Teo decicimos que poidades ver as estrelas e coñecer máis polo miúdo o patrimonio arqueolóxico. Como se vén facendo en anos anteriores programáronse roteiros polos petróglifos coa particularidade de ser pola noite. E tamén hai planificadas ata catro observacións astronómicas, dúas en xullo e dúas en agosto.

O 15 de xullo arrinca a IV edición da Ruta nocturna polos petróglifos de Teo. Organizada polo Concello de Teo e o Colectivo A Rula, nesta primeira visita a ruta irá de Cornide a Regoufe. O punto de encontro será ás 22:00 horas na Capela dos Milagres. A distancia é aproximadamente de 5 kilómetros (estimanse de 2 a 3 horas).

O 12 de agosto a visita será  os petróglifos do Monte Piquiño. O punto de encontro será ás 22:00 horas na Carballeira da Igrexa de Luou. A distancia é aproximadamente de 5 kilómetros (estimanse de 2 a 3 horas).

Ofertanse 50 prazas por orde de solicitude. A inscripción no departamento de Cultura do Concello (tfno. 981 815 700)

Observacións astronómicas

En relación coas observacións astronómicas haberá dúas relacionadas co patrimonio arqueolóxico. Serán dende o petróglifo da Pena Bicuda e poderase ver o ceo con prismáticos e telescopios. As datas destas será o 14 de xullo ás 22:30 horas e o 11 de agosto ás 22:00 horas. O punto de encontro será a carballeira da Igrexa de Luou. A duración da actividade é de entre dúas e tres horas. Para participar hai que anotarse no Departamento de Cultura do Concello de Teo ou chamando ao 981.815.700. Recoméndase levar roupa axeitada e algo para sentarse no chan.

Por outra banda o Concello leva varios anos colaborando co programa Todocosmos, da USC, para fomentar o coñecemento da astronomía. Dentro desta colaboración hai programada unha observación de estrelas o 28 de xullo ás 22:00 horas no Mirador da Grela en Lampai e unha observación das Perseidas o 10 de agosto ás 22:00 horas no mirador da Pena Escorredía en Montouto. Para estas dúas observacións, as do 28 de xullo e o 10 de agosto non é preciso anotarse. Só hai que estar no lugar indicado nese horario.

IV Ruta nocturna polos petróglifos teenses