O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O venres, 17 de marzo ás 20.30 h, Carlos Callón presentará a súa obra, O libro negro da lingua galega, na Biblioteca do Grilo de Cacheiras.
Este libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galicia ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Cos casos que, desde 1480 ata 1986, nos permiten entender como chegamos ata aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.
Carlos Callón é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Español de Lisboa e doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués. É tamén presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística. Ensaísta e poeta.
A actividade é aberta ata completar a capacidade e de balde.