O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

ACTIVIDADES MES DE DECEMBRO

Data e hora

Localización
Auditorio municipal Constante Liste
Como chegar

Comezamos o mes de decembro coa exposición «Mulleres Femupo, mulleres que fan camiño», un proxecto itinerante da Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (FEMUPO) que une a igualdade de xénero, o coidado ambiental e os valores do Camiño de Santiago. Poderase visitar no Auditorio municipal do 2 ao 11 de decembro. Ademais, na mañá da inauguración celebraremos un obradoiro participativo aberto ás mulleres que desexen asistir (inscricións en teo.gal).

O xoves 10, dentro do programa de saídas culturais para mulleres, visitaremos a Cidade da Cultura para gozar da mostra dedicada a Luísa Villalta dentro do ciclo «Mulleres sobranceiras». Trátase dunha iniciativa anual do Arquivo de Galicia que, en edicións anteriores, destacou figuras como Olga Gallego Domínguez ou María Moreira, así como o papel da muller na economía. O autobús sairá do Auditorio municipal ás 16:30 h e regresará ao rematar a visita. As inscricións abriranse o 24 de novembro en teo.gal.

O mércores 16 terá lugar o obradoiro familiar «Aventura con mulleres científicas», unha actividade na que a rapazada coñecerá mulleres referentes no eido da ciencia a través de diversos retos de programación. O prazo para anotarse comezará o 1 de decembro.

Despediremos o ano o domingo 27 cun obradoiro de autodefensa para mulleres. Contará con dúas quendas (unha de mañá e outra de tarde) e ofrecerá servizo de canguraxe para facilitar a conciliación durante a actividade.

Actividades

Outros eventos por vir