O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
ADIADO. O mal tempo fai que se cancele a actividade da caravana Lilá en Campos de Mirabel. Fixarase outra data para facer os obradoiros.
O 8 de marzo celébrase o día internacional da muller e en Teo sae á rúa de novo a Lilá, unha caravana que se converte nun Centro da información á muller (CIM) móbil para traballar no ámbito da igualdade.
O mércores 8 estará pola mañá na Ramallosa onde se poderá ver unha mostra que rende homenaxe ás mulleres rurais de Teo. Pola tarde a Lilá achegarase a Campos de Mirabel, de 16:30 a 19:30 horas, para facer xogos e obradoiros sobre feminismo. María López, explica que "esta é unha das zonas con maior densidade de rapazada do Concello e parécenos interesenta achegar alí a caravana e facer actividades que permitan medrar en igualdade". Para estes talleres non é preciso anotarse, só hai que achegarse á ubicación da Lilá.
As actividades con motivo do 8 de marzo rematan o venres 10 co espectáculo Vicio houbo sempre, que se poderá ver no Auditorio Municipal na Ramallosa ás 20:30 horas.
Vicio houbo sempre é un espectáculo de narración oral onde a música está moi presente. A peza vai da literatura de tradición oral ás historias de vida de varias mulleres, historias que foron recollidas cando as protagonistas tiñan entre 84 e 94 anos. Se queres asistir podes inscribirte premendo aquí
Estas actividades están financiadas con cargo ao Pacto de estado contra a violencia de xénero.